PARTICIPANTES
Culleredo 73 (9+24+10+2+15+13)
CDR Emilia 37 (12+2+6+4+2+11) Marcos, Iago,
Manu, Jorge A, Jorge G, Xune, Alex, Daniel.
PARTIDO
Nesta ocasión xogamos nun pavillón onde se
respiraba un grandísimo ambiente de minibasket, coma non podía ser doutra
maneira o noso equipo contribuíu a él na última parte da tarde.
Xa disputado o segundo partido e ante un rival
moi distinto que no primeiro encontro, podo asegurar que estes rapaces darannos
alegrías en todos os partido que quedan, da gusto velos como van asimilando
conceptos de xogo, como o de correr por diante do balón, que se ven parece
doado, non é fácil de ver en categorías superiores, logo de corrixir algúns detalles
disto se traduciu en lecturas perfectas de desmarques e pases de gran precisión
en moitas ocasións.
Coma dixen na crónica anterior, estes rapaces
veñen ben adestrados e unha mostra foi que nun dos tempos mortos para mellorar
a saída de presión, logo de dar as instrucións,
nomearon ao adestrador da tempada pasada...”eso nos decía Huget”...que dicer
que máis que dar instrucións, foi recordarlles algo que executaron nalgún
momento mellor do pintado na pizarra...Grande HUGET!!
Sobre o partido pouco que engadir ou analizar
nestas categorías, si temos que felicitar a Culleredo pola súa intensidade que
nos fixo aprender moitísimo no día de hoxe.
LIÑA DE
TRABALLO
Rematado o partido, lin do noso coordinador no club deportivo coma incidía
nalgo que para min é prioritario, a participación de todos independentemente do
resultado final no marcador, con 8 xogadores foi moi fácil facer as rotacións,
polo que participaron en 3 sextos cada un deles, seguir as pautas do club é
importante, estar comprometido con elas de antemán é traballar na liña
correcta.
AGRADECEMENTOS
Agradecer, a labor arbitral, a do abnegado pai
de Culleredo (gracias Rafa) que fixo a
acta, ao equipo rival polo seu comportamento e a grada que animou sen descanso
en cada acción positiva,... tamén mención especial á aboa de Manu por facer
unha equipación tan chula para a nosa nova mascota...ide pensando nomes para
poñerlle.
FEGABA E
ARBITRAXE DE FORMACIÓN
Por último e algo que apetéceme
moito
compartir cos pais e nais do grupo para que saiban que o club ten moitas
obrigas marcadas dende a FEGABA, que si fotos, que si DNI, que si ser
puntuais...que si mercar balóns dunha determinada marca comercial
(molten nesta
temporada)...pero non sei de que serven determinadas exixencias, se logo
a maioría
dos partidos nin se xoga cos balóns oficiais (son 12€ máis caros de
media) nin
se supervisa a labor arbitral de mozos e mozas que están iniciando os
seus
primeiros pasos, se os xogadores en formación teñen adestradores...onde
están
ou quen pode axudar no progreso arbitral destes voluntarios...comento
isto porque a final de temporada os máximos responsables son moi dados a
sair a pista a repartir medallas, trofeos e a recibir...na miña
opinión...inmerecidos aplausos.Crónica Cala
Fotos Carlos Ramos
No hay comentarios:
Publicar un comentario