lunes, 13 de noviembre de 2017

Baloncesto Benxamín CDRosales EPB 61 - LICEO LA PAZ 11



Os protagonistas : Marcos, Xune, Daniel, Manu, Jorge A., Iago e Jorge G.

Partido disputado o sábado 11 de novembro de 2017 as 16:15 h na polideportiva do Agra 2.

Os inicios nos equipos soen ser difíciles... pero as continuacións de equipos tan ben adestrados en anos anteriores son todo o contrario. O debut do noso Benxamín 2008, foi ante un Liceo que presentou xogadores do 2009, seguro que este equipo tamén dará traballo no futuro.

O PARTIDO: Non debería ser un fin de ningún formador chegar a 50-0 pola vía rápida, estes partidos dan outras oportunidades máis aló de press+roubo+canastra en 2 seg...,dende unha defensa a 3 metros do noso aro, conseguimos ir aprendendo a correr mellor as tres rúas de contraataque e a levantar a cabeza para pasar, logrando nunha ocasión trasladar o balón de canastra a canastra só con 2 pases...e ningún bote...BRAVO!!

Ao marxe dos contraataques os asistentes tivemos a oportunidade de desfrutar de canastras triplas  e vistosas...e incluso intentos imaxinativos como un tiro de costas ao aro con moita intención...hai que intentar cousas novas...BRAVO!!

AGRADECEMENTOS: Ao comportamento do equipo do LICEO, ao tremendo reportaxe fotográfico de Carlos, aos dous papis voluntariosos que axudaron coa acta do encontro, aos papis e mamis da grada por apoiar aos xogadores  e por último mencionar a labor arbitral, xa que sen ela o BALONCESTO sería imposible.

Crónica Cala
Fotos Carlos RamosMás fotos aquí



No hay comentarios: