miércoles, 31 de octubre de 2012

Xornada fin de semana 3 novembro

Esta fin de semana o equipo de baloncesto cadete masculino disputará o seu segundo encontro correspondente á terceira xornada da liga FGB na que participa.

O partido será contra o Culleredo, e terá lugar o próximo sábado, 3 de novembro, ás 12 da mañá no polideportivo de A Roseira.

lunes, 29 de octubre de 2012

Xornada 2: CD Los Rosales 45 - 47 Salgado Montrove

O pasado sábado, 27 de outubro, o equipo de baloncesto cadete xogou o seu primeiro partido da tempada, correspondente á segunda xornada da fase regular.

Había bastante expectación por ver o resultado dos adestramentos que comenzaron a principio de setembro, e púdose comprobar que o aspecto físico, en xeral, do equipo mellorou de forma salientable. De feito o equipo dominou no marcador ata o último cuarto, aínda que sen lograr unha vantaxe considerable (a máxima diferencia foi de 12 puntos a favor do noso equipo, 20-8). Tamén cabe destacar o elevado número de faltas cometidas xa que 3 dos nosos xogadores foron descualifados por chegar ás 5 faltas persoais.

Na primeira parte, o equipo mostrou fluidez e rapidez no xogo, con xogadas ben trenzadas, e boa resposta no rebotes defensivos. Sen embargo, na segunda metade, o Salgado Montrove empezou a aproveitar os erros non forzados cometidos polos nosos e pouco a pouco foi acortando a distancia no marcador, ata que conseguiu adiantarse no último minuto do partido, que se saldou con dous puntos de diferencia ao seu favor.

O seguinte partido, que tamén será na nosa casa, será o próximo fin de semana contra o Culleredo, un dos equipos mais fortes do noso grupo, e que ven descansar esta xornada.


Partidos amigables fútbol sala EPB - Calvo Sotelo

O pasado venres, 26 de outubro, celebráronse dous partidos amigables de fútbol sala dos equipos de iniciación 2005 e 2006 do Emilia Pardo Bazán (Club Deportivo Los Rosales) contra os equipos do Calvo Sotelo, no pavillón destes últimos. Foi unha boa proba para ámbolos dous conxuntos ante o inminente comezo da competición.

Para finalizar, aquí vos queda a ligazón ao álbum de fotos publicado na web correspondente a estes partidos.

Horarios adestramentos tempada 2012-2013

Na sección de Documentos podedes encontrar publicados os horarios definitivos de adestramento, así como o lugar, das distintas categorías de fútbol sala e baloncesto do noso clube para esta tempada.

Tamén podedes acceder directamente a través desta ligazón.

jueves, 25 de octubre de 2012

Xornada 27/28 Outubro

Esta fin de semana o equipo cadete masculino de baloncesto comeza a súa andaina no grupo A-1 da 2ª división da liga FGB, xogando no pavillón de A Roseira o próximo sábado 27 ás 12h. contra o Salgado Montrove (Oleiros).

Jornada 1: El Mercado 4 - 2 CD Los Rosales

Dominio aplastante de Los Rosales pero sin crear claras ocasiones de gol. El equipo de El Mercado, a su vez, muy bien cerrado con un rápido contragolpe.

Resultado injusto por el potencial de ambos equipos, donde el nerviosismo, falta de intensidad, lances con el árbitro, etc., pasaron factura y llevó a perder el partido. Destacar la buena actuación de nuestro entrenador (Ramón) y de nuestro delegado (Jose), que estuvieron a la altura de ciertos comportamientos inadecuados de alguno de nuestros jugadores y del árbitro.

Jugadores titulares: portero Mateo, cierre Miguel, a la derecha Óscar, a la izquierda Brais, pivote Carlos. Suplentes: Villa, Castro, Benzemá, Javi, Fran, Jano, Talín.

Goleadores : Óscar (2).



Crónica hecha por Diego Morás