martes, 21 de diciembre de 2010

3ª Xornada Cadetes Baloncesto

Dominicos 61
Club Deportivo Los Rosales 51

2ª Xornada Baloncesto Infantil




CRISTO REY 46 - CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 19
Aínda que non o pareza polo resultado, o equipo vai mellorando e nótase o esforzo dos adestramentos. Teñen un pouco máis de xogo colectivo e van fixando conceptos defensivos que son os máis "incomodos" de aprender. O resultado resulta algo engañoso para os méritos feitos pero, unha vez máis, os fallos de canastras fáciles de contra-ataque logo de moitas recuperacións da posesión levaron a esta diferencia.
O equipo ó completo está integrado por:
5 Jorge Lejo Santiago; 6 Martín Rama Roo; 7 Sergio Doval Ramos; 9 Carlos Loureiro Rey; 10 Antón Liste Alisedo; 13 Manuel Rozas Castro; 14 Andrés Rodríguez Rodríguez; 15 Daniel Quinteiro Socías; 17 Álvaro Pérez Amado; 20 Daniel Pombo Amarelle; 21 Mateo Rodríguez Moar; 22 Rubén Álvarez Vilas; 31 Sergio Cobas Villaresy 34 Miguel Cortés Delgado .

lunes, 20 de diciembre de 2010

5ª Xornada



partido del equipo de Minibasket Alevín Mixto frente al Culleredo B. La igualdad fue la tónica dominante durante todo el partido.
Cinco inicial: María, Daniel, Laura, Zerihun y Alberto. También jugaron Marta, Alejandra, Guillermo y Paula. Los resultados de los seis tiempos fueron: 8-4; 4-11; 4-10; 2-6; 4-6 y 17-5.
La falta de puntería del segundo al quinto sexto, hizo que la reacción final solo sirviese para dejar el marcador en un dignísimo 39 a 42 final a favor de las cullerdenses.
(Comentario e fotos feitos por Fj)

sábado, 18 de diciembre de 2010

Xornada 5 Benxamines A

Calasancias A 39
Los Rosales A 23


Xogadores:
Enrique, Sara, Carlos, Marta, Miguel, Samuel, Pab
lo, Diego e Yago.

Partido moi igualado no seu inicio pero que a garra e superioridade do equipo local foron determinantes para facerse co partido e acadar a victoria.
Descansamos en Nadal pero voltaremos cheos de forza e con moitas gañas de seguir xogando.

Xornada 5 Benxamines B

Sta Mª del Mar 36 Rosales B 12

Pese a acadar rápidamente o Sta Mª del Mar unha importante vantaxe no marcador, Rosales B non deixou de pelexar até que rematoú o último partido do ano. Agora toca descansar, disfrutar das festas e voltar con renovado folgo para empezar o ano retomando o camiño da victoria.
(Comentario feito por Alberto Lorenzo).

lunes, 13 de diciembre de 2010


Club Deportivo Los Rosales 31 - Maristas Champagnat 53. Primer partido de liga do equipo infantil no que os rapaces empezaron moi nerviosos o que lles costou unha diferencia de 10 puntos no primeiro cuarto. Pouco a pouco foron collendo o ritmo e conseguiron empatar o segundo. Nos dous últimos parciais o Maristas amosou unha mellor organización e tirou proveito dela para rematar o encontro coa diferencia final dos 22 puntos que puideron ser menos se os locais non fallaran canastras fáciles de contra-ataque e varios tiros libres. Agardamos ver nos próximos encontros a mellora á que os debe levar o traballo que están a facer nos adestramentos.

domingo, 12 de diciembre de 2010

Cuarta jornada de liga de Minibasket Alevín Mixto disputado en el Agra II, a las 9:30 horas entre el Club Deportivo Los Rosales y el Latorre-C, que actuaba como anfitrión. La jornada parecía empezar mal ya que Marcos no podía dirigir al equipo y Luis Sánchez (papá de Daniel) se encargó de hacer el calentamiento de la chavalada hasta que llegase Alex para dirigir el cotarro. Gracias Luis. El cinco inical estuvo formado por Irene, Alejandra, Sara, Guillermo y Daniel. También jugaron Alberto, María, Belén, Marta, Zerihun, Nerea y Laura. El partido se puso de cara muy pronto y llegamos al final del primer cuarto con ventaja de 10 puntos en el marcador: 14 - 4. A partir de ahí, parece que cogimos frío y el rival nos dio la vuelta al electrónico hasta el final, el cual refleja bastante igualdad entre ambos equipos 54 a 41. Lo mejor de todo es que ya le vamos cogiendo la onda a la competición y el equipo se está acercando a su primera victoria.

(Comentario por Fj)
Despois da contundente victoria frente a Calasanz, na estrea desta competición, hoxe tocoú perder. O parcial de 26 - 0 que La Torre fixo nos 2 primeiros sextos foi un lastre que determinoú o resto do partido. E ainda que La Torre baixoú o ritmo (con 15 puntos en 4 sextos), as canastas de Javier e Uxía foron insuficientes para intentar achegarse no marcador. Unha derrota que non foi quen de desanimar ós rapaces que seguro xa andan a pensar no próximo partido para seguer divertíndose co basquet.
(Comentario feito por Alberto Lorenzo)

lunes, 29 de noviembre de 2010

Emilia Pardo Bazán Alevín fronte Latorre B



Tercer partido de competición en el pabellón de A Sardiñeira del equipo Alevín de Minibasket Mixto conta el conjunto del Latorre-B.
El quinteto inicial estuvo formado por Guillermo, Sara, Alberto, Nerea y Alejandra. También jugaron Paula, Marta, Daniel, Laura, María e Irene.
Por primera vez en la competición, nos pusimos por delante en el marcador. Y al acabar el primer cuarto se notaba que el partido iba a ser muy igualado, como así fue.
Cada vez se nota más la conjunción que hay entre nuestros jugadores y su entrenador Marcos que ya les está empezando a sacar lo mejor de cada uno.
En el próximo partido seguro que certificamos una mayor mejoría. Animo.
(Comentario escrito por Francisco Javier)

sábado, 27 de noviembre de 2010

Emilia Pardo Bazán (Benxamín A) fronte a Costa da Morte

Aliñación: Diego, Yago, Marta, Pablo, Lidia, Silvia, Carlos, Miguel e a participación do benxamín B con Enrique, Esther e Adriana. Partido rápido e trepidante onde na primeira mitade dominou o noso equipo conquerindo unha gran ventaxe que foi reduncíndose no segundo tempo do partido, quedando o marcador 34 a 27 ao noso favor. O máis importante e destacable foi a deportividade reinante na cancha e o gran ambiente das gradas. Ánimo para Diego que se lesionou nun rebote e ten un esguince nun dedo.

viernes, 26 de noviembre de 2010

Primeira Xornada de Benxamíns B

O sábado 20 de novembro na súa primeira actuación o equipo Benxamín B do Emilia Pardo Bazán gañou cunha ampla diferencia ao seu contrincante na cancha e veciño de barrio Calasanz (de esquerda a dereita): Alex, Enrique, Esther, Uxía, Sandra, Sara, Fikre e Eloy. Agachados: Javier, Manuel, Teresa e Adriana. Todos xuntos fixeron que o remate desta xornada nos deixase un bo sabor de boca. Animo e a seguir xogando e divertíndose!

martes, 23 de noviembre de 2010

Trofeo Calasanz


Comenzou o Trofeo Calasanz de fútbol sala e nel participa un ano máis o Emilia Pardo Bazán.
O sábado 20 foi a primeira xornada e xogáronse os seguintes partidos:
En categoría bexamín; Emilia Pardo Bazán 0 - Peñarredonda 4 (non teño nin foto nin alineación).
En categoría alevín; Grande Obra 1 - Emilia Pardo Bazán 5: xogaron; Cristina, Gonzalo, Joel, Jorge, Lucas,Pablo y Raúl.
A composición dos grupos, os resultados e as clasificacións pódense ver no enlace Club Deportivo Calasanz que está na marxe direita.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Primeira Xornada dos Benxamines A


O sábado 20 de novembro foi a primeira vez que os nosos benxamines A do Emilia Pardo Bazán xogaron o primeiro partido en liga as catro e media de unha tarde fría e chuviosa empezou a carreira deportiva de este equipo que aínda que perdeu por unha gran diferencia non deixou de pelexar ata o último minuto do encontro. Animo que queda toda a liga por diante para seguir xogando!!!!

Segunda Xornada do Alevín Baloncesto

Baloncesto Emilia-10_La-Torre-47
20/11/2010
de Fco. Javier Rivera Castro
Segundo partido de la liga alevín disputado el sábado 20 de noviembre de 2010 a las 18:00 horas en el polideportivo del Agra II entre los equipos del Emilia y La Torre. El resultado, un poco contundente en contra de nuestros chaval@s aunque sin perderle la cara al partido en ningún instante.

Primer partido Alevín Baloncesto



Baloncesto alevín "Emilia-Burguitos"
13/11/2010
de Fco. Javier Rivera Castro
Primer partido del equipo alevín de Basket del Emilia Pardo Bazán (CD Los Rosales) disputado en el pabellón de la Sardiñeira el sábado 13 de noviembre de 2010 a las 11:00 horas. Después de un primer tiempo en el que salieron demasiado agarrotados y con un parcial en contra de 0-12, el equipo se entonó y acabó el partido con un honroso 26 a 42, lo que nos da serias esperanzas para creer en nuestr@s chaval@s, aunque Marcos tendrá que trabajar duro para que den lo mejor.

sábado, 13 de noviembre de 2010

Fútbol Sala Cadete: C.D. LOS ROSALES 0 - EX-ALCOHÓLICOS 8

C.D. LOS ROSALES: Alejandro Rodríguez Cean, Ramón Noceda Tubío, Javier Morás Orduña, Pablo Martínez Ulloa, Pablo Castro Rocha, Diego Villamisar Aguiar, Brais Cadavieco Lago, Pablo Saez Rodríguez.
EX-ALCOHÓLICOS: Varela, Vaamonde, García(1), Veras(2), Sánchez(1), Vázquez(3) e Paredes(1).
Primeiro partido deste equipo novo de xogadores novos que ante un conxunto experimentado e moi compenetrado pouco puideron facer. Mostraron entusiasmo e gañas e ese debe ser o camiño a seguir.

martes, 2 de noviembre de 2010

Breve historia do Club

O día 5 de setembro do ano 1991, cinco persoas vinculadas o C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán e á ANPA promoveron e constituiron unha asociación deportiva que ten por nome "Club Deportivo Los Rosales" e que naceu co obxectivo de chegar a conquerir que as/os nenas/os do Emilia fixeran deporte e que cando deixaran o cole e pasaran ó instituto tiveran unha continuidade na súa actividade cunha referencia no barrio e coa intención de facelo extensivo a todas/os as/os rapazas/ces do barrio e área próxima e involucrar ás ANPA's do I.E.S. Salvador de Madariaga e do I.E.S. Rafael Dieste.

O Club estivo na vida do Colexio e da ANPA cun posicionamento máis presencial que funcional ata que no ano 2004 membros da Xunta Directiva da ANPA deciden darlle maior protagonismo e fan a reforma dos Estatutos e "administran" as actividades deportivas extra-escolares que a Asociación promove no Centro.
Máis recentemente, no ano 2009, trócase a Xunta Directiva e, en colaboración con outras persoas, pais e nais de alumnas e alumnos, tómase a decisión de darlle o pulo definitivo para que aquela idea dos iniciadores fose posible.

A "filosofía" do Club é que as/os nenas/os se divirtan facendo deporte, que aprendan a XOGAR e a competir, que realicen unha actividade san e que teñan unha referencia fora do centro escolar.

O Club actualmente ten dúas actividades deportivas en desenvolvemento: baloncesto e futbol sala.
Para levalas a cabo hai un acordo de colaboración coa ANPA  milnen@s do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán e conversacións coas ANPA's dos Institutos Rafael Dieste e Salvador de Madariaga.
As instalacións nas que se levan a cabo son o Pavillón de "Cocheras", e as pistas do Emilia, agardando que nun futuro poidamos ter algunha hora no Pavillón dos Rosales.

Na temporada 2009/2010 competíuse cun equipo infantil de baloncesto na liga local. Para esta temporada 2010/2011 están inscritos dous equipos cadetes e dous equipos infantís nas modalidades de baloncesto e fútbol sala, e un equipo alevín e outro benxamín en fútbol sala, e dous equipos alevíns, un feminino e outro másculino, e un equipo benxamín en baloncesto. Nas categorías alevín e benxamín participan co nome de Emilia Pardo Bazán por mor do acordo coa ANPA.

Os recursos económicos con que contamos son as cotas que pagan os socios, as cotas de participación que aboan os participantes, as posibles subvencións que poidan dar as institucións e a previsión das achegas de patrocinadores cos que se está en conversacións, algún xa o podedes ver no lateral no blog.

No eido institucional a estructura organizativa do Club é:
Xunta Directiva composta por un Presidente, unha Tesoureira e un Secretario.
Unha Coordenadora Xeral responsable das seccións deportivas.
Dúas seccións deportivas; Baloncesto e Fútbol Sala; cada unha delas cun coordenador e cos adestradores necesarios para cubrir as necesidades que xurdan.

Está pendente de aprobación pola Xunta de Galicia a reforma dos Estatutos do Club os cales foron modificados para facelos máis transparentes sobre todo no aspecto dos Órganos de Dirección que ata o de agora daban todo o control ó Presidente e coa nova redacción regúlase a creación dunha Xunta Directiva que estará composta por un mínimo de cinco persoas e un máximo de sete.
En canto estes novos Estatutos estén rexistrados convocaranse eleccións.

A actual Xunta Directiva está formada por:
Presidente; José Ángel Suárez Espido,
Tesoureira; María Elena Ramos García,
Secretario; José Arturo Ameneiro Cerviño e
Coordenadora Xeral; Adriana Noemí Paone Pérez,
Os cargos deportivos están desenvolvidos por:
Coordenador de baloncesto; Xosé Carlos Rodríguez Rodríguez e
Coordenador de fútbol sala; Diego Morás Orduña.

Funcionamento do blog

Ola, pretendemos que este blog sexa a vía de comunicación e transmisión de información en todo o relacionado co Club que sexa de interese para os socios, os xogadores e o público en xeral, tanto a nivel interno como das competicións nas que se participe: "postearemos" os calendarios, os resultados, reseñas dos encontros, algunha foto, etc.
Tamén poñeremos todas as achegas que nos fagades chegar, ben como comentario a algunha entrada ou polo correo electrónico. Tanto as achegas como os comentarios serán filtrados e publicaranse unicamente as/os que estean relacionados directamente coa entrada da que se trate ou con cuestións xerais do Club ou das actividades que se desenvolven. Admítese toda crítica que trate de ser constructiva e sexa expresada en termos normais de educación e respeto.
Agardamos a vosa participación.
Un saúdo.
A Xunta Directiva.