viernes, 28 de septiembre de 2012

Partidos de baloncesto contra Oleiros (23/9/2012)

Partidos de volta xogados o pasado domingo na pista polideportiva de As Roseiras.

Pola mañán xogaron os equipos dos rapaces, e pola tarde, xogaron os equipos das rapazas. O infantil femenino xogou sin o seu adestrador titular, Marcos, ao que lle desexamos unha rápida recuperación.

Vos deixamos nesta ligazón o acceso ás fotos tomadas nesta xornada.
Infantil Femenino - Club Deportivo Los Rosales

jueves, 20 de septiembre de 2012

Partido fin tempada 2011-2012

Deixamos aquí unha ligazón a un vídeo de finais da tempada 2011-2012 correspondente a un partido amigable entre o equipo alevín femenino e o equipo infantil masculino, xogado o pasado xuño no pavillón de As Roseiras.

Esperamos que o disfrutedes.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Torneo basket en Oleiros

A pasada fin de semana, xogouse un torneo amigable de baloncesto entre equipos do Valle Inclán e noso clube, nas categorías alevín mixto, infantil feminino e cadete masculino.

O equipo de infantil notou a falta de entrenamentos, e tamén por ser a primeira vez que xogaban a pista completa.

O equipo de cadete xogou un primeiro cuarto aceptable, pero á metade de partido notou a baixa forma física debido ás poucas sesións de entrenamento que levan.

O próximo domingo 23 devolverán a visita os equipos do Valle Inclán ao pavillón municipal de Os Rosales.

Na seguinte ligazón podedes acceder ao álbum de fotos dos partidos de ida celebrados en Oleiros: https://picasaweb.google.com/101969955534399786887/TorneoBasketOleiros15092012.




domingo, 16 de septiembre de 2012

Autorización dos pais para baloncesto federado

Tedes á vosa disposición na sección de Documentos, en formato PDF, o formulario de autorización do pai ou do nai declarando o bo estado de saúde do seu fillo ou filla para a práctica do baloncesto en competicións organizadas pola Federeción Galega de Baloncesto.

Este formulario pódese utilizar para os nenos e nenas de categoría infantil e categorías inferiores.

Tamén podedes abrilo directamente mediante a seguinte ligazón.

Formulario inscrición tempada 2012-2013

Tedes á vosa disposición na sección de Documentos, en formato PDF, o formulario para inscribir aos vosos fillos nas activadades deportivos do clube.

Tamén podedes abrilo directamente mediante a seguinte ligazón.

lunes, 10 de septiembre de 2012

Horarios adestramentos setembro 2012

Na sección de Documentos podedes encontrar publicados os diferentes horarios de adestramento, así como o lugar, das distintas categorías de fútbol sala e baloncesto do noso clube para este mes.

Tamén podedes acceder directamente a través de esta ligazón.

domingo, 9 de septiembre de 2012

3X3 NOS ROSALES

O 26 de Maio tivo lugar na praza Elíptica a III edición do  Torneo 3X3 de Baloncesto en colaboración ca Asociación de Veciños Los Rosales estas son as imaxes do torneo