domingo, 5 de junio de 2011

IDADES POR CATEGORÍAS

No seguinte cadro amósanse as distintas categorías deportivas e as idades que comprenden:


Xunior 1994/1995
Cadete 1996/1997
Infantil 1998/1999
Alevín 2000
Prealevín 2001
Benxamín 2002
Prebenxamín 2003
Iniciación 2004
Iniciación 2005

viernes, 3 de junio de 2011

RESUMO XUNTAS DE BALONCESTO E FÚTBOL SALA

Os pasados 25 e 26 de maio tivemos sendas xuntanzas para expoñer o proxecto deportivo do Club para a temporada 2011/2012 e a nosa proposta para as actividades da ANPA milnen@s no próximo curso.

Antes de entrar en detalles explicamos que o Club e a ANPA teñen asinado un convenio de colaboración polo cuál o Club xestiona as actividades deportivas organizadas pola ANPA no ciclo educativo de Primaria; rapazas e rapaces dende os 6 anos ata os 12. A ANPA achega a instalación Pavillón A Roseira, material deportivo e a cota por participante acordada. Pola súa parte o Club pon a instalación de "Cocheras", os monitores necesarios para desenvolver as actividades e tamén material deportivo. As categorías deportivas deste tramo van dende "iniciación" a "alevín" e, dependendo do acordado por ambas asociacións e se hai participantes e compromiso suficiente, participan en distintos torneos e nas competicións organizadas polas federacións correspondentes.

A partir de 1º da ESO, as actividades son competencia exclusiva do Club que participa en competicións federadas e as categorías van dende infantís ata xunior.

En base a todo isto e tendo en conta a experiencia deste curso/temporada, a proposta para as actividades da ANPA é a de formar grupos nas categorías de: Iniciación 2004/2005, Benxamíns 2002/2003 e Alevíns 2000/2001, tanto en baloncesto coma en fútbol sala, feminino e másculino.

No que respecta ó Club, a estructura para a próxima temporada é: Baloncesto; un equipo Xunior, un equipo Cadete e un equipo Infantil, Fútbol sala; un equipo Cadete e un equipo Infantil.

Tamén fixemos a nosa proposta conxunta de horarios de adestramentos que todavía son provisionais e que xa podedes consultar no enlace que hai na entrada do día 26 e na pestana "Documentos". Tamén podedes ver o importe das cotas de participación e as condicións de pago para o Club así como a folla de inscrición na/s actividade/s e a de socia/o.
En breve poderedes consultar aquí as actividades e cotas da ANPA.

A Xunta Directiva.

jueves, 2 de junio de 2011

COTAS INSCRICIÓN TEMPORADA 2011-2012

Na pestana "Documentos" hai un enlace que permite consultar as cotas e condicións de pago para a temporada 2011-2012, así como a folla de inscrición na/s actividade/s e a de socio/a.


A Xunta Directiva.