domingo, 25 de marzo de 2018

Baloncesto Xúnior Fem. Dimolk Basquet Xiria 48 CD Los Rosales 45

Foto de aquivo

DIMOLK BASQUET XIRIA 48 - CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 45
Xogado o domingo ás 10:00h en Carballo correspondente á 3a xornada da segunda fase da liga na 2a
división xunior feminina da zona norte.
Pedíamos a semana pasada que non se podía baixar o listón e non só non se baixou senón que creo
que se superou.
O equipo salíu moi concentrado tanto en defensa como en ataque.
En defensa alternando una presión en toda pista cunha zona, que impedían que as locais “correran”
e que, cando o ataque era estático, obrigabaas a facer posesións longas e rematar con tiros forzados
que propiciaban fallos e rebotes defensivos.
En ataque tentando sair con velocidade acabando en entrada ou tiros liberados ou se non, movendo
o balón alongando as posesións.
Este debuxo, acompañado dunha boa porcentaxe de acerto, funcionou perfectamente nos dous
primeiros cuartos, nos que as rosaleiras impoñíanse ás carballesas e acadaban unha diferenza de oito
puntos ao chegar ao descanso que non parecía definitiva pero que daba moitos azos ao equipo e á
afición.
Quedaba ver como reaccionaba na continuación, se ocorrería como noutras ocasións, se viría o
desfonde..., pero non, as rapazas aguantaron o ritmo e a maior presión defensiva do Xiria e
conseguiron aumentar a diferenza a 11 puntos, cos que se entraría no definito parcial.
E aquí si pasou, pasou factura todo esforzo realizado ata o momento, as pernas xa non ían a mesma
velocidade, a cabeza empezou a non dar as ordes correctas e xurdíu a precipitación cando non
debía, o equipo local víuno e lanzouse a por nós, aumentou a presión defensiva, forzou tres perdas
de balón consecutivas que acabaron en canastra fácil, meteron un triple no momento xusto...,
acertarón cos tiros libres e, como os tempos mortos non surtiron efecto, conseguiron culminar a
remontada poñéndose tres puntos arriba a falta de seis segundos, e a pesar de que as nosas
tentáronno ata o final, un triple de Marta dende o medio campo fixo a corbata, rematou o encontro
con esa diferenza que deixou unha certa desilusión no equipo.
Aí está o reflexo do traballo, aí debe estar o noso punto de partida para manter o nivel que, como
mínimo, é o mostrado neste partido.
Bravo a todas. Non baixedes o ritmo.
Xogaron: Alba, Erea, Clara, Lara, Marta e Sabela.
Reseña: O reaparecido.
Fotos: Arquivo

No hay comentarios: