miércoles, 25 de mayo de 2011

REMATOU A LIGA DE BALONCESTO INFANTIL



Oooooooooh! Xa chegou o final da liga na 2ª División Local Infantil de Baloncesto, e o Club Deportivo Los Rosales rematou cunha nova victoria que o deixa no posto 11 global e 1º invicto no segundo grupo da 2ª fase.


Nesta ocasión o rival foi o Escola de Baloncesto Concello de Zas que chegaron á Coruña con moi poucos efectivos e iso pasoulle factura contra un equipo local que tiña a todos os seus xogadores, o que lle permitíu manter un gran ritmo todo o partido que ó final proporcionoulle a victoria.


Os roseiros empezaron moi parados e con moitas dificultades para centrarse no xogo, e iso que se xogou no Pavillón A Roseira que é onde adestran habitualmente.


Como dicimos, parecía que xa estaban a pensar máis no xantar que tiñan previsto para despois que no propio encontro. Menos mal que tiveron un par de períodos no que fixeron o xogo a o que nos estaban acostumando e que tiñan máis xogadores para cambiar.


O resultado foi


CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 31 - ESCOLA BASQUET CONCELLO ZAS 21

CONVOCATORIA REUNIÓNS

Convocatorias para as reunións de baloncesto e fútbol sala



sábado, 21 de mayo de 2011

FINAL TORNEO CALASANZ FÚTBOL SALA ALEVÍN

CALASANZ 4 EMILIA PARDO BAZÁN 2

Non puido ser, a rapaza e os rapaces tentaron con todas as súas forzas e, sobre todo, con toda a súa ilusión pero Calasanz aproveitou dous golpes de fortuna e conseguíu dous goles máis que lle dan o triunfo.

O partido foi moi entretido e disputado cunha primeira parte que foi do Emilia que logrou controlar o xogo do Calasanz e incluso tivo dúas ocasións claras para marcar pero, nunha o porteiro e noutra que se foi desviado o tiro, non o conseguiron. Por contra nun saque de banda sen peligro houbo a mala sorte de que un rechace involuntario acabara cun gol en propia meta. A 15 segundos de rematar o primeiro período, e nunha xogada moi ben levada na que participou todo o equipo logo de roubar un balón, o Emilia empataba por medio de Raúl.

No segundo tempo os "calasancios" sairon apretando un pouco máis e froito delo conseguiron forzar un corner e nunha xogada emburullada lograron o segundo gol e, sin dar tempo a reaccionar, roubaron o balón no saque de centro e meteron o terceiro. Parecía que todo estaba perdido, e mais logo de que noutro despiste lograran o cuarto, pero os do Emilia seguiron loitando e pouco despois Jaime, nunha xogada individual, lograba o 4-2 que lles daba pulo e poñía algo nerviosos os xogadores do Calasanz que pasaron por uns momentos de agobio xa ó final pero que conseguiron manter a portería intacta.

Cabe destacar o numeroso público que acudíu para ver esta gran final, con moitas compañeiras e compañeiros dos xogadores dos dous equipos, e que lles premiaron o bo xogo e comportamento cunha gran ovación.
A xogadora, os xogadores, os adestradores e os siadeiros do Emilia quedaron así de "fastidiados" ó final:

NORABOA SUBCAMPEÓNS.










miércoles, 18 de mayo de 2011

GRAN FINAL FÚTBOL SALA ALEVÍN

GRAN FINAL DO TORNEO CALASANZ

FÚTBOL SALA ALEVÍN


CALASANZ


CONTRA


EMILIA PARDO BAZÁN


XOVES 19 DE MAIO

19:40H


PAVILLÓN DO COLEXIO CALASANZ


NON FALTES

domingo, 15 de mayo de 2011

BALONCESTO INFANTIL


IES MOAS 16 - CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 54


Unha nova xornada da 2ª fase da liga da 2ª división de baloncesto infantil que se saldou cunha nova victoria dos roseiros ante un equipo do que agardaban máis resistencia pero que xa dende o principio veuse que a pouco que os "visitantes" estiveran acertados de cara ó aro, a victoria non ía peligrar. E así foi, novemente cunha gran defensa e mostrando os avances no xogo colectivo de ataque pronto puxeron distancia no taboleiro de marcas sen darlle moitas opcións o equipo mixto das Moas. O resultado final e claro e merecido.

Este foi o penùltimo encontro de liga e, pase o que pase na derradeira xornada, os do equipo dos Rosales van quedar primeiros deste segundo grupo, facendo unha qran segunda volta na que todavía non perderon ningún encontro e asegurando o posto 11 na clasificación xeral que, ó principio de temporada, moi poucos sospeitaban conseguir.

lunes, 9 de mayo de 2011

Emilia A de 2003 no Trofeo Calasanz



O Emilia A de 2003 rematou este fin de semana a súa participación deste ano no Trofeo Calasanz. Este ano a primeira fase foi moi positiva con moi bos resultados. A segunda fase foi moi complicada polo nivel dos rivais, pero o que nunca baixou foi o ánimo e optimismo dos rapaces, aos que temos que agradecer o seu esforzo e entrega, e sobre todo a súa deportividade demostrada en todos os partidos.
Así que para Brais, Tomás, Sergio, Diego, Pablo Parada, Desaleng, Anxo e Pablo Castelao, e para o entrenador Diego, a nosa felicitación.

Por Toño Miranda

domingo, 8 de mayo de 2011

CLASIFICACIÓN HISTÓRICA DO FÚTBOL SALA ALEVÍN

Falabamos hai unha semana de que o equipo alevín de fútbol sala do CEIP Emilia Pardo Bazán, estaba clasificado para xogar a semifinal do Torneo Calasanz, pois ben xa xogaron esa semifinal e logo de dous partidos vibrantes e emocionantes contra o San José de Calasanz lograron unha CLASIFICACIÓN HISTÓRICA xa que por primeira vez están na GRAN FINAL do Torneo.



O primeiro partido, xogado o xoves día 5, acabou cun empate a ceros que non reflectíu a total superioridade do Emilia que dominou e controlou totalmente o xogo tendo numerosas ocasións que non se convertiron en goles por mor da gran actuación do porteiro do San José e dos tres paus nos que se estrelaron outros tantos tiros.



No segundo, xogado na tarde do sábado 7, volveuse a repetir a historia pero nesta ocasión con maior efectividade que propiciou que os do Pardo Bazán se adiantaran no electrónico cun 2-0 que se víu recortado na última xogada da primeira parte cun gol máis que dubidoso xa que foi dun saque de banda directo e que, aparentemente, ninguén tocou.




A segunda parte comenzou igual que o resto do visto ata ese momento, pero unha perda de balón levou a que o S. José lograra o empate que non era nada xusto. Os do Emilia non se viñeron abaixo e cun gran xogo de combinacións e unha gran defensa controlaron de novo o xogo ata que Jaime conseguíu o terceiro e ó pouco rato o carto que sentenciaba o partido e a semifinal. Jaime destacou sobre o xogo colectivo porque conseguíu os catro goles. Deste partido temos unha mala nova que foi a lesión de Raúl que sufríu unha escordadura no nocello dereito aínda que según os seus pais non parece grave e agardamos que poida estar na final.




A gran final non se sabe cando é pero os rumorosos dín que a finales do mes de maio e alí haberá que estar para apoiar e animar a estes rapaces e a esta rapaza que levan seis anos xogando, noraboa: Cristina Rodríguez, Raúl Ameneiro, Martín Díaz, Daniel Gómez, Joel Gómez, Jaime Landeira, Lucas Mariñas, Guillermo Olivera, Ariel Paoe, Carlos Parada, Jeisón Rodríguez, Daniel Sánchez, Gonzálo Sánchez, Jorge Sobrino, Pablo Varela e David Vaamonde.

BALONCESTO INFANTIL



CLUB BALONCESTO LOS ROSALES 36 - IES MONELOS APA RAIOLA 16


Neste partido , xogado o domingo 8 na pista de Elviña II, os roseiros atopáronse cunha defensa en zoa que se lles "atragantou" na primeira mitade do partido. A pesar de que nunca antes lla fixera ninguén, os xogadores, perfectamente dirixidos nesta ocasión por Xosé Carlos, tentaron xogar o balón ata atopar unha posición boa de tiro, ou ben un oco para ir cara a canastra ou facer algún pase interior, e a verdade é que o conseguiron pero con imprecisión nos pases e nos tiros. Na segunda parte as cousas trocaron bastante e empezaron a sair mellor, os pases non se perdían, os tiros entraron e a defensa aumentou co que conseguiron un parcial de 27-10 que sententenciou o partido. Noraboa polo traballo feito

lunes, 2 de mayo de 2011

BALONCESTO INFANTIL

BCA MATOGRANDE 29 - CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 31


O partido foi plantexado polos dous equipos cunhas defensas moi intensas en toda pista que obrigaron ós xogadores a facer un gran esforzo físico e a utilizar os seus mellores recursos técnicos para intentar conseguir canastra, e aínda que por ambos lados fallouse bastante, resultou entretido de ver e apaixoante pola incertidume do resultado. Por parte dos roseiros conseguíuse o obxectivo de que Manel lograse a súa primeira canastra da temporada e que deixara de ser o único que quedaba sen puntos na plantilla.