Falabamos hai unha semana de que o equipo alevín de fútbol sala do CEIP Emilia Pardo Bazán, estaba clasificado para xogar a semifinal do Torneo Calasanz, pois ben xa xogaron esa semifinal e logo de dous partidos vibrantes e emocionantes contra o San José de Calasanz lograron unha CLASIFICACIÓN HISTÓRICA xa que por primeira vez están na GRAN FINAL do Torneo.
O primeiro partido, xogado o xoves día 5, acabou cun empate a ceros que non reflectíu a total superioridade do Emilia que dominou e controlou totalmente o xogo tendo numerosas ocasións que non se convertiron en goles por mor da gran actuación do porteiro do San José e dos tres paus nos que se estrelaron outros tantos tiros.
No segundo, xogado na tarde do sábado 7, volveuse a repetir a historia pero nesta ocasión con maior efectividade que propiciou que os do Pardo Bazán se adiantaran no electrónico cun 2-0 que se víu recortado na última xogada da primeira parte cun gol máis que dubidoso xa que foi dun saque de banda directo e que, aparentemente, ninguén tocou.
A segunda parte comenzou igual que o resto do visto ata ese momento, pero unha perda de balón levou a que o S. José lograra o empate que non era nada xusto. Os do Emilia non se viñeron abaixo e cun gran xogo de combinacións e unha gran defensa controlaron de novo o xogo ata que Jaime conseguíu o terceiro e ó pouco rato o carto que sentenciaba o partido e a semifinal. Jaime destacou sobre o xogo colectivo porque conseguíu os catro goles. Deste partido temos unha mala nova que foi a lesión de Raúl que sufríu unha escordadura no nocello dereito aínda que según os seus pais non parece grave e agardamos que poida estar na final.
A gran final non se sabe cando é pero os rumorosos dín que a finales do mes de maio e alí haberá que estar para apoiar e animar a estes rapaces e a esta rapaza que levan seis anos xogando, noraboa: Cristina Rodríguez, Raúl Ameneiro, Martín Díaz, Daniel Gómez, Joel Gómez, Jaime Landeira, Lucas Mariñas, Guillermo Olivera, Ariel Paoe, Carlos Parada, Jeisón Rodríguez, Daniel Sánchez, Gonzálo Sánchez, Jorge Sobrino, Pablo Varela e David Vaamonde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario