martes, 1 de noviembre de 2011

NOVA CONTA DE CORREO

Ola a todas e a todos: Por problemas técnicos temos a antiga conta de correo bloqueada polo que pasamos a usar exclusivamente a que aparece no apartado "Contacto" e que é a seguinte;


Un saúdo.

A Directiva.

domingo, 5 de junio de 2011

IDADES POR CATEGORÍAS

No seguinte cadro amósanse as distintas categorías deportivas e as idades que comprenden:


Xunior 1994/1995
Cadete 1996/1997
Infantil 1998/1999
Alevín 2000
Prealevín 2001
Benxamín 2002
Prebenxamín 2003
Iniciación 2004
Iniciación 2005

viernes, 3 de junio de 2011

RESUMO XUNTAS DE BALONCESTO E FÚTBOL SALA

Os pasados 25 e 26 de maio tivemos sendas xuntanzas para expoñer o proxecto deportivo do Club para a temporada 2011/2012 e a nosa proposta para as actividades da ANPA milnen@s no próximo curso.

Antes de entrar en detalles explicamos que o Club e a ANPA teñen asinado un convenio de colaboración polo cuál o Club xestiona as actividades deportivas organizadas pola ANPA no ciclo educativo de Primaria; rapazas e rapaces dende os 6 anos ata os 12. A ANPA achega a instalación Pavillón A Roseira, material deportivo e a cota por participante acordada. Pola súa parte o Club pon a instalación de "Cocheras", os monitores necesarios para desenvolver as actividades e tamén material deportivo. As categorías deportivas deste tramo van dende "iniciación" a "alevín" e, dependendo do acordado por ambas asociacións e se hai participantes e compromiso suficiente, participan en distintos torneos e nas competicións organizadas polas federacións correspondentes.

A partir de 1º da ESO, as actividades son competencia exclusiva do Club que participa en competicións federadas e as categorías van dende infantís ata xunior.

En base a todo isto e tendo en conta a experiencia deste curso/temporada, a proposta para as actividades da ANPA é a de formar grupos nas categorías de: Iniciación 2004/2005, Benxamíns 2002/2003 e Alevíns 2000/2001, tanto en baloncesto coma en fútbol sala, feminino e másculino.

No que respecta ó Club, a estructura para a próxima temporada é: Baloncesto; un equipo Xunior, un equipo Cadete e un equipo Infantil, Fútbol sala; un equipo Cadete e un equipo Infantil.

Tamén fixemos a nosa proposta conxunta de horarios de adestramentos que todavía son provisionais e que xa podedes consultar no enlace que hai na entrada do día 26 e na pestana "Documentos". Tamén podedes ver o importe das cotas de participación e as condicións de pago para o Club así como a folla de inscrición na/s actividade/s e a de socia/o.
En breve poderedes consultar aquí as actividades e cotas da ANPA.

A Xunta Directiva.

jueves, 2 de junio de 2011

COTAS INSCRICIÓN TEMPORADA 2011-2012

Na pestana "Documentos" hai un enlace que permite consultar as cotas e condicións de pago para a temporada 2011-2012, así como a folla de inscrición na/s actividade/s e a de socio/a.


A Xunta Directiva.

miércoles, 25 de mayo de 2011

REMATOU A LIGA DE BALONCESTO INFANTIL



Oooooooooh! Xa chegou o final da liga na 2ª División Local Infantil de Baloncesto, e o Club Deportivo Los Rosales rematou cunha nova victoria que o deixa no posto 11 global e 1º invicto no segundo grupo da 2ª fase.


Nesta ocasión o rival foi o Escola de Baloncesto Concello de Zas que chegaron á Coruña con moi poucos efectivos e iso pasoulle factura contra un equipo local que tiña a todos os seus xogadores, o que lle permitíu manter un gran ritmo todo o partido que ó final proporcionoulle a victoria.


Os roseiros empezaron moi parados e con moitas dificultades para centrarse no xogo, e iso que se xogou no Pavillón A Roseira que é onde adestran habitualmente.


Como dicimos, parecía que xa estaban a pensar máis no xantar que tiñan previsto para despois que no propio encontro. Menos mal que tiveron un par de períodos no que fixeron o xogo a o que nos estaban acostumando e que tiñan máis xogadores para cambiar.


O resultado foi


CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 31 - ESCOLA BASQUET CONCELLO ZAS 21

CONVOCATORIA REUNIÓNS

Convocatorias para as reunións de baloncesto e fútbol sala



sábado, 21 de mayo de 2011

FINAL TORNEO CALASANZ FÚTBOL SALA ALEVÍN

CALASANZ 4 EMILIA PARDO BAZÁN 2

Non puido ser, a rapaza e os rapaces tentaron con todas as súas forzas e, sobre todo, con toda a súa ilusión pero Calasanz aproveitou dous golpes de fortuna e conseguíu dous goles máis que lle dan o triunfo.

O partido foi moi entretido e disputado cunha primeira parte que foi do Emilia que logrou controlar o xogo do Calasanz e incluso tivo dúas ocasións claras para marcar pero, nunha o porteiro e noutra que se foi desviado o tiro, non o conseguiron. Por contra nun saque de banda sen peligro houbo a mala sorte de que un rechace involuntario acabara cun gol en propia meta. A 15 segundos de rematar o primeiro período, e nunha xogada moi ben levada na que participou todo o equipo logo de roubar un balón, o Emilia empataba por medio de Raúl.

No segundo tempo os "calasancios" sairon apretando un pouco máis e froito delo conseguiron forzar un corner e nunha xogada emburullada lograron o segundo gol e, sin dar tempo a reaccionar, roubaron o balón no saque de centro e meteron o terceiro. Parecía que todo estaba perdido, e mais logo de que noutro despiste lograran o cuarto, pero os do Emilia seguiron loitando e pouco despois Jaime, nunha xogada individual, lograba o 4-2 que lles daba pulo e poñía algo nerviosos os xogadores do Calasanz que pasaron por uns momentos de agobio xa ó final pero que conseguiron manter a portería intacta.

Cabe destacar o numeroso público que acudíu para ver esta gran final, con moitas compañeiras e compañeiros dos xogadores dos dous equipos, e que lles premiaron o bo xogo e comportamento cunha gran ovación.
A xogadora, os xogadores, os adestradores e os siadeiros do Emilia quedaron así de "fastidiados" ó final:

NORABOA SUBCAMPEÓNS.










miércoles, 18 de mayo de 2011

GRAN FINAL FÚTBOL SALA ALEVÍN

GRAN FINAL DO TORNEO CALASANZ

FÚTBOL SALA ALEVÍN


CALASANZ


CONTRA


EMILIA PARDO BAZÁN


XOVES 19 DE MAIO

19:40H


PAVILLÓN DO COLEXIO CALASANZ


NON FALTES

domingo, 15 de mayo de 2011

BALONCESTO INFANTIL


IES MOAS 16 - CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 54


Unha nova xornada da 2ª fase da liga da 2ª división de baloncesto infantil que se saldou cunha nova victoria dos roseiros ante un equipo do que agardaban máis resistencia pero que xa dende o principio veuse que a pouco que os "visitantes" estiveran acertados de cara ó aro, a victoria non ía peligrar. E así foi, novemente cunha gran defensa e mostrando os avances no xogo colectivo de ataque pronto puxeron distancia no taboleiro de marcas sen darlle moitas opcións o equipo mixto das Moas. O resultado final e claro e merecido.

Este foi o penùltimo encontro de liga e, pase o que pase na derradeira xornada, os do equipo dos Rosales van quedar primeiros deste segundo grupo, facendo unha qran segunda volta na que todavía non perderon ningún encontro e asegurando o posto 11 na clasificación xeral que, ó principio de temporada, moi poucos sospeitaban conseguir.

lunes, 9 de mayo de 2011

Emilia A de 2003 no Trofeo Calasanz



O Emilia A de 2003 rematou este fin de semana a súa participación deste ano no Trofeo Calasanz. Este ano a primeira fase foi moi positiva con moi bos resultados. A segunda fase foi moi complicada polo nivel dos rivais, pero o que nunca baixou foi o ánimo e optimismo dos rapaces, aos que temos que agradecer o seu esforzo e entrega, e sobre todo a súa deportividade demostrada en todos os partidos.
Así que para Brais, Tomás, Sergio, Diego, Pablo Parada, Desaleng, Anxo e Pablo Castelao, e para o entrenador Diego, a nosa felicitación.

Por Toño Miranda

domingo, 8 de mayo de 2011

CLASIFICACIÓN HISTÓRICA DO FÚTBOL SALA ALEVÍN

Falabamos hai unha semana de que o equipo alevín de fútbol sala do CEIP Emilia Pardo Bazán, estaba clasificado para xogar a semifinal do Torneo Calasanz, pois ben xa xogaron esa semifinal e logo de dous partidos vibrantes e emocionantes contra o San José de Calasanz lograron unha CLASIFICACIÓN HISTÓRICA xa que por primeira vez están na GRAN FINAL do Torneo.



O primeiro partido, xogado o xoves día 5, acabou cun empate a ceros que non reflectíu a total superioridade do Emilia que dominou e controlou totalmente o xogo tendo numerosas ocasións que non se convertiron en goles por mor da gran actuación do porteiro do San José e dos tres paus nos que se estrelaron outros tantos tiros.



No segundo, xogado na tarde do sábado 7, volveuse a repetir a historia pero nesta ocasión con maior efectividade que propiciou que os do Pardo Bazán se adiantaran no electrónico cun 2-0 que se víu recortado na última xogada da primeira parte cun gol máis que dubidoso xa que foi dun saque de banda directo e que, aparentemente, ninguén tocou.




A segunda parte comenzou igual que o resto do visto ata ese momento, pero unha perda de balón levou a que o S. José lograra o empate que non era nada xusto. Os do Emilia non se viñeron abaixo e cun gran xogo de combinacións e unha gran defensa controlaron de novo o xogo ata que Jaime conseguíu o terceiro e ó pouco rato o carto que sentenciaba o partido e a semifinal. Jaime destacou sobre o xogo colectivo porque conseguíu os catro goles. Deste partido temos unha mala nova que foi a lesión de Raúl que sufríu unha escordadura no nocello dereito aínda que según os seus pais non parece grave e agardamos que poida estar na final.




A gran final non se sabe cando é pero os rumorosos dín que a finales do mes de maio e alí haberá que estar para apoiar e animar a estes rapaces e a esta rapaza que levan seis anos xogando, noraboa: Cristina Rodríguez, Raúl Ameneiro, Martín Díaz, Daniel Gómez, Joel Gómez, Jaime Landeira, Lucas Mariñas, Guillermo Olivera, Ariel Paoe, Carlos Parada, Jeisón Rodríguez, Daniel Sánchez, Gonzálo Sánchez, Jorge Sobrino, Pablo Varela e David Vaamonde.

BALONCESTO INFANTIL



CLUB BALONCESTO LOS ROSALES 36 - IES MONELOS APA RAIOLA 16


Neste partido , xogado o domingo 8 na pista de Elviña II, os roseiros atopáronse cunha defensa en zoa que se lles "atragantou" na primeira mitade do partido. A pesar de que nunca antes lla fixera ninguén, os xogadores, perfectamente dirixidos nesta ocasión por Xosé Carlos, tentaron xogar o balón ata atopar unha posición boa de tiro, ou ben un oco para ir cara a canastra ou facer algún pase interior, e a verdade é que o conseguiron pero con imprecisión nos pases e nos tiros. Na segunda parte as cousas trocaron bastante e empezaron a sair mellor, os pases non se perdían, os tiros entraron e a defensa aumentou co que conseguiron un parcial de 27-10 que sententenciou o partido. Noraboa polo traballo feito

lunes, 2 de mayo de 2011

BALONCESTO INFANTIL

BCA MATOGRANDE 29 - CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 31


O partido foi plantexado polos dous equipos cunhas defensas moi intensas en toda pista que obrigaron ós xogadores a facer un gran esforzo físico e a utilizar os seus mellores recursos técnicos para intentar conseguir canastra, e aínda que por ambos lados fallouse bastante, resultou entretido de ver e apaixoante pola incertidume do resultado. Por parte dos roseiros conseguíuse o obxectivo de que Manel lograse a súa primeira canastra da temporada e que deixara de ser o único que quedaba sen puntos na plantilla.

sábado, 30 de abril de 2011

FÚTBOL SALA



O equipo de fútbol sala alevín do Emilia Pardo Bazán clasificouse, por segundo ano consecutivo, para xogar a semifinal do Torneo Calasanz xa que quedou terceiro na fase regular. Nesta temporada fixeronno de forma brillante perdendo só dous partidos precisamente ante os dous primeiros, Calasanz e San José de Calasanz. Este último será o rival que deberán superar para xogar a gran final no derradeiro ano que poden participar neste Torneo xa que pasan todos de categoría e sería un gran remate logo de participar seis anos seguidos.
Ánimo chicos e non deixedes este deporte que resulta espectacular de ver e que tantas alegrías vos leva dado.

martes, 26 de abril de 2011

Nunca es demasiado tarde para poner una entrada


Minibasket 16-04-2011
Hijas-de-Jesús,58; Los Rosales,8
Partido disputado a las 9 y media de la mañana en la pista 2 de A Sardiñeira. Buen partido en actitud, garra, jugando en equipo. Lástima que el tiro nos sea esquivo en la mayoría de las veces. Se dice que se juega como se entrena. Y este equipo no tuvo las canastas, de la categoría, para entrenar, hasta esta semana, con lo que es muy dificil practicar los lanzamientos a ca
nasta en sus diversas formas (estático y movimiento) con dos aros anclados a la pared y sin tener la referencia de la pista.

domingo, 10 de abril de 2011

BALONCESTO INFANTIL

CLUB BALONCESTO LOS ROSALES 29 - CONCELLO DE ABEGONDO 26


Impresionante! Unha etapa máis que superan estes rapaces e que é unha etapa que só depende deles, do seu esforzo, das súas gañas e da súa ilusión; remontar un resultado que no descanso era de 14-4 para os visitantes, e que no primeiro carto non se metera nin un so punto.

A pesar do que se escoitaba pola grada, eu penso que foi o millor partido da temporada en canto ó xogo realizado. Fronte a unha defensa moi pechada con axudas dende o fondo ás penetracións e concedendo o tiro exterior, os Roseiros moveron bastante ben a "bola" conseguindo situacións claras de tiro que non culminaban por ter demasiada "presa" no lanzamento. Na segunda mitade intensificaron a súa defensa presionante en toda a pista e con varios roubos de balón e acertando o que antes se fallaba conseguiron esta importante victoria que, anímicamente, tenlle que servir para seguir traballando.


O resultado por parciais foi; 0-4, 4-14, 15-16 e 29-26.



miércoles, 6 de abril de 2011

Minibasket Mixto Alevín; 02-04-2011; Los-Rosales-19;Esclavas-63


Decimosexta jornada de Minibasket Mixto Alevín, disputado en el Agra II, a las 16:30 horas del sábado 2 de abril de 2011. Uno de los peores encuentros tanto a nivel individual como colectivo, falto de garra e intensidad. Enfrente un gran equipo al que no se le pueden quitar méritos.
Por Francisco Javier

domingo, 3 de abril de 2011

Minibasquet benxamín Artai B 25 Rosales B 22



Mágoa de partido no que os rosaleiros completaron un primeiro sexto impresionante no que moveron moi ben o balón e estiveron acertados cara o aro. Nembargantes, a importante avantaxe acadada foi recortada polos adversarios que no último cuarto, cun parcial de 8-0 foron capaces de darlle a volta ao marcador. En calquera caso, séguese a notar o traballo dos adestramentos e ista m
elloría seguro que virá en forma de victoria en próximos partidos.
Por Alberto Lorenzo

miércoles, 30 de marzo de 2011

Minibasket_26-03-2011 Pedro-Barrié-de-la-Maza,57; Los-Rosales,24




Partido de la 15ª jornada de Minibasket Mixto Alevín, disputado en la pista 1 de A Sardiñeira el sábado 26 de marzo a las 12:30 horas, entre Los Rosales y Pedro Barrié de la Maza de Sada. Marcos tuvo dificultades hasta última hora para confeccionar la convocatoria con los jugadores mínimos (8) para poder empezar el partido. Al final se logró y jugaron: Alejandra, Guillermo, Daniel, Sara, Alberto, Irene, Zerihun y Marta.
Por Francisco Javier

lunes, 28 de marzo de 2011

DOBLE RESEÑA DO INFANTIL DE BALONCESTO

Hoxe traemos as reseñas dos dous últimos partidos do infantil de baloncesto xa que por problemas "técnicos" non puidemos facer a da semana pasada.


Xornada do 20/03/2011
CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 37 HOGAR SANTA MARGARITA 18;

Partido moi irregular, con moitos cambios na intensidade e que resultou moi incómodo de xogar. Os dous primeiros cuartos estiveron igualados con bastantes erros nos pases e no control do balón. O cambio a defensa en toda a pista dou mellores resultados e os locais conseguiron marchar no marcador grazas a que tamén atinaron máis cara o aro.


Xornada do 27/03/2011

COMPAÑÍA DE MARÍA 11 CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 48;

Partido moi ben xogado tanto en defensa como en ataque. En defensa cunha gran intensidade con moitas axudas e situacións de 2x1 con rotación na marca que neutralizaron o xogo dos "colexiais". En ataque levaron a cabo un xogo rápido e bastante fluído con poucas perdas de balón no contra-ataque e por momentos, e contra defensa colocada, fixeron xogo combinativo, e tamén estiveron moi atinados na finalización tanto con penetracións como con tiro exterior; ata dez xogadores dos doce que participaron no partido conseguiron puntos e todos o intentaron con posicións claras. Moi ben tamén no apartado reboteador. En resumo, o mellor partido no que levamos de temporada.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Baloncesto Rosales B 50 Calalsanz 21


Fenomenal partido dos rapaces do B, que dende o primeiro segundo sairon moi concentrados, cunha gran intensidade defensiva que xunto a eficacia anotadora no ataque fixeron que o partido fose moi cómodo e lograron deixar así por fin a racha de derrotas. Pouco a pouco estase a notar o traballo nos adestrmentos e hoxe poidemos ver unha gran melloría no xogo. Felicidades a todos e a continuar polo bo camiño!

Minibasket_ Alevín 19-03-2011 Los-Rosales:26;Vales-Villamarí n:78


Decimocuarta jornada de liga en Minibasket Mixto Alevín, disputada el día del padre en el pabellón del Agra II. Se nota que los partidos que jugamos después de las 10 de la mañana se nos da mucho mejor. En líneas generales se notó un importante avance en el ritmo y la coordinación entre todos los componentes. Enfrente tuvimos un gran equipo que se llevó el partido en buena lid. Enhorabuena a ambos por la exquisita deportividad.
Por Francisco Javier.

viernes, 18 de marzo de 2011

Benxamines A Vs B


Vibrante partido de principio a fin onde os "os 5+1 magníficos" (alcume do benxamín A) liderados por Marta e Lidia, acadaron unha cómoda victoria por 41 a 17 . Os dous equipos xogaron moi ben nun partido moi disputado notándose unha aprendizaxe grande en todos os xogadores. Como sempre prevaleceu a deportividade, sinal de identidade deste club.
Pablo

INICIACIÓN 2004 12/03/ 2011



INICIACIÓN 2004

Grande Obra: 7 - Emilia A: 0

O sábado pasado xogamos outro partido de fútbol sala no pabellón do Calasanz. Desta volta o equipo contrario foi o da Grande Obra.

Xa sei que neste enfrontamento o resultado non nos foi moi favorable, que digamos.

Pero hai que ter en conta o esforzo dos xogadores, que non se desaniman facilmente: Brais, David, Hugo, Miguel, Pablo, Sara e Víctor

Ánimo rapaces, que xa chegarán tempos mellores!!

Blanca.

Minibasket_12-03-2011



Derrota contundente y sin paliativos del Club Deportivo Los Rosales (Emilia Pardo Bazán) ante As Mariñas.Tanto el entrenador como los jugadores "mariñanos" tendrán que hacer un sobreesfuerzo para aprender a encajar las victorias. El saber ganar, es muy importante. Y el equipo rival no sabe, ya que durante y después del partido la "chulería" y el "vacile" fueron la tónica dominante y no son las mejores formas en estas edades.

Fj

domingo, 13 de marzo de 2011

CÓMODO PARTIDO DOS INFANTÍS DE BALONCESTO

O equipo infantil comezou a 2ª fase da liga cunha tranquila "pachanga" entre eles mesmos xa que o equipo contrario, o Liceo La Paz B, non se presentou a xogar. Os adestradores aproveitaron para facer un adestramento extra.


Foto Jesús Rodríguez

DEBUT CON VICTORIA NO PAVILLÓN A ROSEIRA



CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 59 COMPAÑÍA DE MARÍA 24

Terminou a primeira fase da liga do equipo cadete de baloncesto con dúas boas novas; a 4ª victoria do conxunto que dirixe Noelque é a 1ª na "casa", e a estrea da que agardamos sexa a súa "casa" en canto a xogo: o pavillón A Roseira, ó pé do mar e cunha vistas excepcionais. Noraboa pola campaña que estades a facer e a por todas na segunda fase.

Fotos Jesús Rodríguez

sábado, 5 de marzo de 2011

Caixa Nova Baby basquet


Este mércores (02/03/2010) no torneo Caixanova xogaron os máis pequenos dos nosos. Fixeron un partido ben completo e acadaron a victoria, desta vez xogaban cos de Salesianos. O resultado final foi de 6-4 (lembrar que esta é a puntuación compensada según o regulamento do torneo, que canastas metemos ben máis que esas).
O equipo estaba formado por: Elia, Víctor, Víctor, Sergio e Brais, tendo a Cala como entrenador e a Darío como axudante de campo. Todos xogaron con moito ánimo e determinación, habería que nomear a Sergio que no apartado anotador destacou grandemente. Agora a preparar o seguinte rapaces ... moito ánimo.
Crónica feita porJose (pai de Brais)

jueves, 3 de marzo de 2011

ASEMBLEA ORDINARIA

Recordamos a todos os socios do Club que o proximo día 11 de marzo, ás 19:45 h. no salón de actos do Centro Cívico dos Rosales celebraremos a Asemblea Ordinaria. Non faltedes.




A Directiva.

miércoles, 2 de marzo de 2011

Os 5 Magníficos


Emilia Pardo Bazán A 13
Concello de Abegondo 20


Outro encontr
o na que a falta de asistencia fixo que se perdera o partido antes de xogalo. Asistiron ao pavillón Marta Puñal, Lidia López, Yago Doval, Miguel Serra e Diego Iglesias, non puideron vir Carlos e Pablo, aínda así só serían sete, insuficientes xa que o nº mínimo de participantes por equipo é de oito.
O encontro foi difícil non só por ser 5 e ter que xogar os seis tempos, tamén se sumou a defensa axfisiante do outro equipo, aínda así fixeron un encontro espectacular, xogando moi ben e compenetrados. A pesar de todas as dificultades que ten este equipo, vese a súa mellora en cada partido. Animo chavales realmente SODES TODO UN EQUIPAZO.

Minibasquet benxamín B


Los Rosales B 27
Artai B 47
Extrano partido no que o noso equipo estivo totalmente negado cara o ataque nos primeiros catro sextos para reaccionar nos dous últimos nos que totalizoú a meirande parte dos puntos. Se son capaces de manter esa intensidade anotadora en vindeiros partidos xunto cunha mellor defensa, seguro que acabamos , por fin, coa mala racha de resultados negativos.



Crónica feita por Alberto Lorenzo