domingo, 10 de abril de 2011

BALONCESTO INFANTIL

CLUB BALONCESTO LOS ROSALES 29 - CONCELLO DE ABEGONDO 26


Impresionante! Unha etapa máis que superan estes rapaces e que é unha etapa que só depende deles, do seu esforzo, das súas gañas e da súa ilusión; remontar un resultado que no descanso era de 14-4 para os visitantes, e que no primeiro carto non se metera nin un so punto.

A pesar do que se escoitaba pola grada, eu penso que foi o millor partido da temporada en canto ó xogo realizado. Fronte a unha defensa moi pechada con axudas dende o fondo ás penetracións e concedendo o tiro exterior, os Roseiros moveron bastante ben a "bola" conseguindo situacións claras de tiro que non culminaban por ter demasiada "presa" no lanzamento. Na segunda mitade intensificaron a súa defensa presionante en toda a pista e con varios roubos de balón e acertando o que antes se fallaba conseguiron esta importante victoria que, anímicamente, tenlle que servir para seguir traballando.


O resultado por parciais foi; 0-4, 4-14, 15-16 e 29-26.



No hay comentarios: