Os pasados 25 e 26 de maio tivemos sendas xuntanzas para expoñer o proxecto deportivo do Club para a temporada 2011/2012 e a nosa proposta para as actividades da ANPA milnen@s no próximo curso.
Antes de entrar en detalles explicamos que o Club e a ANPA teñen asinado un convenio de colaboración polo cuál o Club xestiona as actividades deportivas organizadas pola ANPA no ciclo educativo de Primaria; rapazas e rapaces dende os 6 anos ata os 12. A ANPA achega a instalación Pavillón A Roseira, material deportivo e a cota por participante acordada. Pola súa parte o Club pon a instalación de "Cocheras", os monitores necesarios para desenvolver as actividades e tamén material deportivo. As categorías deportivas deste tramo van dende "iniciación" a "alevín" e, dependendo do acordado por ambas asociacións e se hai participantes e compromiso suficiente, participan en distintos torneos e nas competicións organizadas polas federacións correspondentes.
A partir de 1º da ESO, as actividades son competencia exclusiva do Club que participa en competicións federadas e as categorías van dende infantís ata xunior.
En base a todo isto e tendo en conta a experiencia deste curso/temporada, a proposta para as actividades da ANPA é a de formar grupos nas categorías de: Iniciación 2004/2005, Benxamíns 2002/2003 e Alevíns 2000/2001, tanto en baloncesto coma en fútbol sala, feminino e másculino.
No que respecta ó Club, a estructura para a próxima temporada é: Baloncesto; un equipo Xunior, un equipo Cadete e un equipo Infantil, Fútbol sala; un equipo Cadete e un equipo Infantil.
Tamén fixemos a nosa proposta conxunta de horarios de adestramentos que todavía son provisionais e que xa podedes consultar no enlace que hai na entrada do día 26 e na pestana "Documentos". Tamén podedes ver o importe das cotas de participación e as condicións de pago para o Club así como a folla de inscrición na/s actividade/s e a de socia/o.
En breve poderedes consultar aquí as actividades e cotas da ANPA.A Xunta Directiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario