jueves, 29 de marzo de 2018

Baloncesto Benxamín Mas. CDRosales-EPB 69 Calasancias 28

CDRosales EPB 69
(Marcos, Manu, Iago, Xune e Jorge Armas)
Calasancias 28




Partido disputado o domingo 25 as 12:30 no Agra2.
Cun total de 11 xogadores entre ambos equipos, 5 pola nosa parte e 6 por Calasancias, non parece que con festivos polo medio sexan unhas boas datas para fixar competición...non foi o único partido nesas circunstancias na mañá domingueira...
 
A pesar de ser 5 xogadores, mantivemos moi boa intensidade e concentración polo que conseguimos obxectivos concretos para ir medrando máis.

Do partido quédome cunha dedicatoria tras canastra ao banquillo por ser moi sentida e tamén pola maioría dos contraataques rematados pola esquerda...coa man correcta...polo menos 7 contados...impresionante tendo en conta que todos son destros.
 
Agradecer o comportamento dos asistentes, dos pais que fixeron a mesa, do equipo de Calasancias, da labor arbitral e novamente a axuda de Victor Iglesias, que acompáñanos coidando dos xogadores ou en calquera cuestión que lle pidamos.

Cróncia CALA
Fotos VICTOR IGLESIAS

No hay comentarios: