CDRosales EPB 62
(MATEO)
Calasanz 31
As crónicas deberían ser unha pequena reseña
do partido, nesta ocasión o partido estaba nunha orde de importancia menor,
para o noso equipo foi unha escusa para facer un pequeno recordatorio dun neno
chamado Mateo que abandonounos recentemente e que era compañeiro de varios
xogadores do noso equipo. As veces a realidade chama as nosas vidas para que
valoremos as cousas realmente importantes, nunha ocasión escoiteille dicir a
Pepu Hernandez que o Baloncesto era o máis importante das cousas que non
importan... A despedida que o noso
equipo lle ofreceu foi a única que coñecen os nenos de 10 anos, sorrintes e desfrutando
do xogo coma veñen facendo toda a temporada, desta maneira Mateo quedará na
memoria deste equipo para sempre.
Crónica Cala
Fotos Carlos Ramos Máis fotos aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario