O Burgo Culleredo 11
CD Rosales EPB61
(Dani, Iago, Jorge A., Marcos, Xune, Manu e Jorge G.)
Partido xogado o domingo 18 de marzo de 2018
as 16:15 no pavillón da Sagrada Familia.
O gran acerto nesta ocasión alimenta a crenza
de que o aspecto mental do xogador é importantísimo, canto máis confianza e
máis liberdade se lles de, responderán con máis imaxinación e polo tanto máis
opcións(dentro do adestrado claro) que significará máis dominio do xogo en
xeral, é algo moi claro que os equipos que escapan do modelo encorsetado, desfrutan
máis e ante calquera situación de maior exixencia ou esforzo o darán
absolutamente todo, ao marxe do resultado final na acta.
Outra cuestión a
destacar foi outro debut dunha rapaza como arbitro, tanto o adestrador de
Culleredo coma o que escribe, a animamos antes do partido e recomendámoslle que
o desfrutara coma o farían os nenos, o sorriso final demostrou que si o fixera.
Unha parte
importante das crónicas sempre deberían ser os agradecementos, así que grazas a
a simpática nai de Culleredo que soubo levar o traballo encomendado sempre con
bo humor, ao equipo rival polo bo comportamento, tanto do adestrador coma dos
xogadores, aos familiares dos nosos xogadores, que sempre nos esperan á saída
cun un gran sorriso que enche aos rapaces con moita satisfacción, recordar
sempre que os peques a estas idades sempre van a ter en conta a opinións dos
maiores, independentemente si anotan ou non, se pasan ben ou non, sempre,
sempre se haberán esforzado, polo tanto o premio ten que seguir sendo esa benvida á saída dos
partidos.
Sobre as fotos xa
non sei que dicir...aquí as tedes
Crónica Cala
Fotos Carlos Ramos
No hay comentarios:
Publicar un comentario