Xogado o sábado ás 18:00h no pavillón municipal Los Rosales correspondente á 2a xornada da
segunda fase da liga na 2a división xunior feminina da zona norte.
Por fin!!!!! Un bo partido!!! Gañáronnos, pero tiveron que gañarnos, e non o tiveron fácil.
O encontro comenzou con 10min de retraso porqué tanto os árbitros coma os auxiliares de mesa
viñan doutros partidos noutras zona da cidade e non lles foi posible chegar antes. Un problema serio
ten a Federación coa falta de persoal para arbitrar e, cónstame, que non é porqué non haxa rapazas e
rapaces que queiran arbitrar, máis ben é polas condicións que lles poñen, que a máis de un e de unha bótalles para atrás dedicarlle tempo logo de ter feitas e superadas as probas que se exisen para
chegar a ter a titulación. Agardemos que o solucionen.
Os dous equipos saíron cunha gran intensidade, cunhas defensas moi “agresivas”, presionando
dende o campo de ataque o que provocaba que estes tiveran que ser máis controlados pero que
propiciou un gran ritmo de xogo. Alternábanse os acertos defensivos cos acertos ofensivos e así as
cousas, o primeiro cuarto acaba cun 13-15 para as foráneas que facía xustiza ao visto na pista.
No segundo acto, as viveirenses, axudadas polo seu maior número de xogadoras que lles permitíu
facer moitas rotacións, apretaron aínda máis en defensa e, recuperando un par de balóns e pechando mellor o rebote, conseguiron unha lixeira vantaxe, 9-19 para un total de 22-34, que lles daba certa tranquilidade para a segunda parte.
Pero as locais todavía non dixeran ata aquí chegamos, e saíron coma se empezarán de novo, e cunha alternancia defensiva de presión en toda cancha e defensa zonal, lograron frear o ataque contrario ata deixalas en catro puntos. No ataque tiveron máis paciencia para mover o balón ata encontrar a posicion idónea, buscando penetracións a canastra ou tiro exterior. A pena foi a falta de acerto nalgunha ocasión clara, e que Viveiro tivo que forzar defensivamente, que só se puido reducir a diferencia seis puntos, 10-4 para un total de 34-38.
E aínda quedaba o derradeiro cuarto; espectácular!!!, por ambos equipos, botando o que quedaba,
ningún dos dous dispostos a perder, boas defensas e millor ataque, sobre todo polas rosaleiras; en
tres minutos e medio parcial de 8-5 e o marcador a un punto, 42-43 e con todo a favor, pero..., un
par de ataques precipitados con opcións no moi claras e recuperación con canastra das de Viveiro,
fixeron que se foran no electrónico e iso levou consigo o afundimento físico para rematar cun
parcial de 8-16 para deixar o resultado final en 50-59.
Como xa se dixo en reseñas anteriores, hai máis baloncesto nestas rapazas do que se reflexa na pista
en ocasións, teñen que crelo e mentalizarse de que poden dar ese nivel de xogo e de intensidade en cada partido. Agora non podemos baixar, temos que subir un pouco máis e rematar a liga, aínda
quedan catro partidos, dando esa boa imáxe do sábado. Noraboa a todas e grazas á afición polo
apoio dado.
Xogaron: Adriana, Alba, Erea, Clara, Marta e Sabela.
Reseña: O reaparecido.
Fotos: Fernando y Ana máis fotos aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario