CD Rosales EPB 45
(Dani, Alex, Iago, Jorge A., Marcos, Xune, Manu e Jorge G.)
Peñarredonda 19
Partido xogado o sábado 10 de marzo de 2018 as
16:15 no pavillón do Agra 2.
Segundo
encontro contra este
equipo, nesta ocasión tivemos menos acerto que no primeiro, pero unha
gran
cantidade de ocasións con moi bo criterio e a pesar de encestar case 20
puntos menos, estivemos nunha progresión magnífica en tanto a
entender o aprendido.
Sobre o desenlace do xogo e vendo a cantidade
de faltas do equipo rival, co resultado de 2 expulsados de Peñarredonda, a miña
valoración é que os nenos deben comprender mellor o xogo e as regras para defender que para
atacar, se non o resultado pode ser sair do partido moi cedo. Pola nosa parte comézamos fai unhas semanas introducindo algún
concepto novo en defensa, que sen dúbida vailles axudar aos xogadores no futuro, pois se de algo se
caracteriza este equipo é dun gran grado de asimilación, en parte polo ánimo co que acuden a cada adestramento.
Agradecer aos dous papis que fixeron a acta e
aos dos dous árbitros de 13 e 14 anos, aplaudirlles pola valentía de arbitrar sen
tutela, se ben é certo que tanto o adestrador rival e eu facilitámoslle a labor,
penso que acabaron con moi bo sabor de boca e ...gracias polas fotos, ahhh!!
esas magnificas fotos de Carlos que axudaran a recordar esta gran temporada.
Crónica Cala
Fotos Carlos RamosMáis fotos aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario