STO DOMINGO BETANZOS 01 65 CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 43
Partido que fora aprazado no seu día e que tocou xogalo este sábado en Betanzos.
Tal e como esperábamos, o encontro resultou moi duro. É o conxunto betanceiro un equipo que
xoga con moita intensidade defensiva, ao límite do que permite o regulamento e, ás veces,
sobrepasándo un pouco. Puxéronse as nosas o “mono de traballo” e no intercambio saímos
perdendo xa que non estamos acostumadas a xogar así e tamén porqué o árbitro, que en líneas
xerais estivo correcto, foi un pouco máis permisivo coas locais, (14 faltas delas por 26 nosas, tres
xogadoras acabaron con cinco faltas por ningunha delas).
Non foi esta a causa de que perdéramos, nin siquera poderíamos dicir que tuvo gran influencia nelo,
o motivo, o de sempre; os numerosos erros en ataque en situacións claras de tiro, perdas de balón
por malos pases, aínda que nesto imos millorando, e moitas facilidades defensivas nos dous
primeiros cuartos que supuxeron a nosa perdición xa que un 42-25 ao descanso facía practicamente
imposible a remontada.
Pero unha vez máis, na segunda mitade cambiamos o carro pola moto e empezamos a xogar con
outra intensidade defensiva e con ideas máis de conxunto en ataque que nos permiten manter
diferencias parciais menos escandalosas, 13-11 no terceiro cuarto e 10-7 no último.
Faltando uns tres minutos para acabar, Erea sufríu un golpe que lle impedíu seguir xogando e como
non tiñamos recambio, xa que as tres xogadoras de banquiño estaban eliminadas por cinco faltas,
rematamos xogando con catro na cancha, nese momento e tendo o partido resolto, o adestrador local
mandou a unha das cinco xogadoras en pista que non participara no xogo, finalizando así en un 4x4.
Detalle deportivo que hai que resaltar.
Xogaron; Adriana, Alba, Clara, Daniela, Erea, Lara, Marta e Sabela.
Reseña; O reaparecido.
Fotos: Ana NietoMáis fotos aquí
Como curiosidade para nostálxicos: No equipo betanceiro figura como adestrador Dusen Zeravica,
fillo de Ramko Zeravica que foi xogador e adestrador iugoslavo e que como seleccionador do seu
país gañou o primeiro mundial en 1970 e os Xogos Olímpicos de 1980 cunha selección que marcou
unha época no baloncesto europeo e mundial. Tamén tivo a súa gran influencia no baloncesto
español xa que no ano 1974 fichou polo Barcelona e cambiou toda a percepción do traballo, sobre
todo a nivel de dar oportunidades aos xovenes tales como Solozabal, Epi, De la Cruz, Sibilio...
No hay comentarios:
Publicar un comentario