miércoles, 7 de febrero de 2018

Baloncesto Xúnior Fem. Dimolk Basket Xiria 53 CD Los Rosales 43

DIMOLK BASKET XIRIA 53 CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 43
E a “fada dos desexos” escoitoume, e fumos a Carballo con oito xogadoras!!!
Pero non foi posible traernos un resultado positivo.
Logo dun comenzo moi fallón dos dous equipos, minuto catro empate a catro, o adestrador
contrario pedíu tempo morto e logrou que as súas xogadoras incrementaran a defensa e axustaran o
ataque, pola nosa banda seguimos a defender con intensidade pero non fumos quen de mellorar as
nosas prestacións cara a canastra e así chegamos ao remate do primeiro cuarto cun 16-7, diferencia
que non era insalvable se mantíñamos a intensidade defensiva.


Pero non, unha vez máis o equipo descomponse físicamente no segundo cuarto e, aínda que fumos
capaces de ser máis eficaces cara ao aro, as de Xiria reboteaban con facilidade e con rápidos contra
ataques non so mantiveron a distancia no marcador senón que aumentabanna, 17-10 para un total de
33-17. Tocaba volver remar contra corrente.
E vaia se se remou, algo pasou no vestiario porque as Rosaleiras foron incrementando pouco a
pouco a defensa, conseguíndo roubar algúns balóns, dificultando o xogo estático de Xiria e
pelexando por todos os rebotes facéndose con bastantes deles e conseguindo tamén anotar para
rematar o cuarto cun 16-14 que, cando menos, facía mudar as caras serias e aparecía algún sorriso.
E o último cuarto, espectacular, defensa super “agresiva”, loitando por todos os balóns, correndo o
contra ataque, asfixiando ás locais en ataque..., moi ben; gañamos o período cun 4-12 que
deixounos un sabor agridoce polo que puido ser o non foi.


Dar as grazas á afición que foi importante nesta segunda parte.
Seguimos a ter as mesmas carencias; fallamos moitos tiros fáciles e entradas, temos desaxustes
defensivos que facilitan o traballo dos equipos contrarios, temos picos de intensidade que nos fan
baixar o rendemento... Pero todo isto pódese millorar traballando nos adestramentos, como se
adestra, xógase.
Quedan dous partidos para rematar, e aínda que entramos de cheo no antroido e hai que disfrutalo,
non debe ser excusa nin motivo para non adestrar, hai tempo para todo.
Xogaron; Adriana, Alba, Clara, Daniela, Lara, Marta, Sabela e Uxía.
Reseña: O reaparecido.
Fotos: Ana Nieto Máis fotos aquí

No hay comentarios: