CARNICERÍA DANIEL ARTAI 64
CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 22
Partido xogado o domingo as 12:00h en Carballo e que correspondía á 12a xornada da liga da 2a
división xunior feminina.
E volveu ocorrer; outra vez con seis xogadoras dispoñibles!!!
A pesar diso a “posta en acción” foi boa, con intensidade, metidas no encontro, pechando ben a
defensa con axudas moi rápidas que dificultaban as entradas das carballesas, permitía coller rebotes
e algún contra ataque que por falta de precisión ou por precipitación non acabaron co premio dos
puntos. Cando non había contra, xogábase en estático movendo o balón e conseguíanse boas
posicións de tiro que tampouco fumos quen de materializar no marcador. Así as cousas chegamos ó
final do 1o cuarto cun 12-4 e con boas sensacións.
Empezou o 2o cuarto e, de súpeto, desaparecimos da cancha; en defensa entraban por onde lles
petaba, chegabamos tarde as axudas, nas poucas opcións que houbo, non collimos un rebote, en
ataque fallábamos pases elementáis, faciamos tiros sen posición e moi forzados, o equipo contrario
a correr e chegando tres e catro contra unha, no millor dos casos... Unha desfeita que aínda non
temos claro se foi unha caída física por caída moral ou ó reves. Parcial 24-3.
O vestiario no descanso semellaba un poema tráxico nun só acto; algunha chorando, expresións de
impotencia, os ánimos polo chan...
A “charleta” que se lles deu para intentar levantalas non surtíu efecto; as mentes non estaban e o
xogo de equipo desaparecu, tentábanse soluciones individuais e non había xeito. Só un mal cuarto
das locais permitíu que o parcial quedase nun 12-5.
Chegamos ó derradeiro tempo de xogo, cambio táctico a defensa zonal que, aínda que a romperon
en varias ocasións co tiro exterior, tamén nos permitíu volver a dificultar as entradas evitando
canastras fáciles e recuperar algún rebote, que acompañado dunha volta ó xogo colectivo, esta vez
con algo máis de acerto cara ó aro, maquillou o tanteo deste cuarto para cun 12-10 deixar o
resultado final no 64-22.
Pouco que añadir; intención hai, intensidade por fases tamén, falta preparación física e faltan
xogadoras. Nesta categoría, con tan pouca xente, é moi dificil aguantar o ritmo de equipos que
contan con 10 ou 12.
Fágolle unha rogativa a “fada dos desexos” de que interceda para que poidamos contar con algunha
xogadora máis nos partidos que nos quedan, e dese xeito tentar ofrecer tamén algo máis dese
baloncesto que levamos dentro.
Xogaron: Adriana, Alba, Clara, Lara, Marta e Sabela.
Reseña: O reaparecido.
Fotos: Ana NietoMáis fotos aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario