viernes, 24 de marzo de 2017

Baloncesto Cadete Mas. Esclavas 33 CD Los Rosales 51

Esclavas (5+7+9+12) 33
García 2, Losada, Tuñón 5, Rodríguez 2, Iglesias, Vaamonde, Arrojo 4, Torrente 2, Barreiro 16, Esparrago, Revilla 2 e Barredo

CD Los Rosales ( 18+6+12+15) 51
Pablo S. 8, Pablo M., Diego 6, David 2, Enrique 5, Jano 8, Samu, Plaza 2, Miguel 15,  Manu, Bort 5 e Boquete.

Partido xogado o pasado 18 de marzo as 12:00 na polideportiva de Riazor 2 como visitante.

Quizais este encontro non chegou no mellor momento, pois durante a semana tivemos numerosas baixas o día no que máis tempo disponíamos da pista enteria para adestrar, pero seguro que os xogadores de Esclavas tamén tiveron que afrontar exámenes, polo tanto non debería valer de excusa.

Nos dous partidos xogados ante este equipo, o resultado foi moi parecido sendo a diferencia final exactamente a mesma +18, quizais poderiamos ter posta maior distancia pero a defensa 2-3 plantexada frenounos bastante, non foi así no inicio do partido ante a súa presión a toda cancha que rebasamos con traballo pero eficazmente (este traballo esperemos sirva ante os próximos rivais).

Esclavas sin tiro exterior, fundamentaron o 50% do ataque nun xogador moi forte que só xogaba interior e o outro 50 % marcando xogadas algo que quizais encorseta demasiado a estas idades, pero só é unha opinión. Ao final do partido polo cansancio e axustes defensivos realizados por distintos xogadores conseguimos secar un pouco ao máximo anotador deles, diluindo as esperanzas dunha remontada no marcador.

Próximo rival na nosa casa contra Escola Basket Xiria, recordamos o marcador da ida 54 a 37 para eles, nun partido que tivemos gañado pero no que fomos remontados nos últimos minutos moi claramente, o noso obxetivo sin dubida será gañar primeiro e buscar o básquet average de +7, +8... eso será o domingo as 12:00 en Rosales.

Agradecer o bo comportamento dos asistentes e ser compresivo cos árbitros que comenzan a súa andadura en pista grande, nesta ocasión tivemos a presencia dun ex-xogador de 15 anos(os mesmos que moitos dos xogadores) tendo a valentía de baixar a arbitrar un deporte con moitas regras e moi rápido na execución delas, tampouco podemos olvidar as componentes das mesas na que unha delas é xogadora do club, bravo por elas tamén.
Crónica Cala
Fotos Juan Iglesias

No hay comentarios: