lunes, 27 de marzo de 2017

Baloncesto Cadete Mas. CD Los Rosales 44 Escola Basket Xiria 43

CD Los Rosales (7+13+13+11) 44
Pablo 7, Diego, David 8, Enrique 2, Jano 5, Samu, Carballo 2, Plaza, Miguel 13, Manu, Bort 5 e Boquete 2

Xiria Carballo (5+16+6+16) 43
IGLESIAS 7, FREIRE 2, POSE 3, IAGO 20, RIOS 8, PÉREZ E ABELENDA 3 (ADEST:CRISTOBAL)

Partido disputado o domingo 26  marzo de 2017 na polideportiva de Rosales.
En primer lugar temos que quitarnos o sombreiro ante un adestrador e 6 rapaces que hoxe tiveron a entereza de pelexar ata o último segundo, sen dúbida unha lección dun EQUIPO con maiúsculas.

Sobre o partido, o plantexamento noso foi ir desgastándoos físicamente dende o inicio para poder lidiar o último tramo obtendo vantaxes para chegar aos +8, +9,+10…isto conseguímolo segundo o guión que tiñamos de antemán e durante varios minutos superamos o basquet average, pero por ou ben querer rematar cedo ou porque eles souberon recuperarse, entramos nunha dinámica de protestas que nos levaron a incluso perder o partido, isto pasou en Carballo na ida e conseguiron gañar, aquí co partido controlado, entramos na fase de responsabilizar a terceiros dos nosos erros.

A parte máis positiva é que competimos contra Xiria cando aínda estaban físicamente enteiros e que partido a partido imos sumando “cositas”que pouco a pouco os xogadores van interiorizando para o futuro da súa formación baloncestística.

Algo tamén importante, o resultado, sobre todo porque hoxe quen mereceu gañar foron os Carballeses.

Por último  se ben o que se pretende nunha crónica é plasmar o acontecido no partido, penso que tamén é necesario que estes textos queden para o futuro e se poidan ler recordando non só o partido se non todas as leccións posibles, máis importantes que os 4 díxitos que aparecen ao final da acta.

Agradecer coma sempre a paciencia na labor arbitral e da mesa nestes partidos tan emocionantes nos que eles quizais son os que menos desfrutan.

Crónica Cala
Fotos Alba Arca


No hay comentarios: