miércoles, 15 de marzo de 2017

Baloncesto Cadete Mas. CD Los Rosales 65 Dominicos 49

CDRosales (21+13+14+11) 65

Sánchez 8, Moreno, Diego 5, David 3, Enrique 2, Jano 5, Samu 3, Miguel 7, Varela 3, Valiño, Bort 18 e  Boquete 11

Dominicos (9+8+10+22) 49

Pereira 2, Herrero, Rodríguez 11, No 6, Prado 5, Carnero, Fernández, Mahía 5 e Buño 20

Partido disputado o domingo 12 de marzo as 12:00 na polideportiva de Rosales.

A pesar de volver a gañar, non foi un partido bonito de ver, demasiados desacertos, imprecisións e moitos despistes, sobre todo nos rebotes, penso que neste apartado perdimos.

Logo de analizar os parciais, nótase unha baixada de intensidade importante...no último parcial dobráronos no marcador, o que demostra que non hai equipo pequeno se non se está concentrado.

A parte positiva a boa participación dalgúns xogadores que ata agora aportaban menos, cantos máis perigosos sexamos individualmente máis perigoso será o EQUIPO.

"A forza da manada é o lobo e a forza do lobo é a manada" do libro da selva.
 
 
 
 
 
Próximo partido contra Escravas, iso será outro capítulo do noso libro.

Por último agradecer o bo comportamento dos equipos e da árbitro que tivo a papeleta de facer o seu traballo soa, algo sempre difícil.
 
Crónica Cala

 Fotos CD Los Rosales

No hay comentarios: