lunes, 30 de abril de 2018

Baloncesto Junior Fem. CARNICERÍA DANIEL ARTAI 81 - CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 39




Partido xogado o sábado as 12:00h en Carballo e que correspondía á volta da Copa Primavera.
Pouco podemos contar de novo con respecto á reseña do partido de ida.
Un equipo o de Artai moi completo en todos os aspectos, dende o meu punto de vista, o millor da
categoría, cando menos dos que nos tocaron a nós.
Coa eliminatoria decidida no partido de ida, propuxémonos tratar de disfrutar o máximo posible  e non deixarnos “ir”, tratar de dar unha boa imaxe e sair coa conciencia tranquila de ter dado todo o
que estaba ó noso alcance.
No primeiro cuarto saímos coma sempre, con intensidade defensiva pero con resultado escaso dado o problema que temos no rebote que, a parte da diferenza de físico, non damos pechado ben. En
ataque tiñamos unha certa fluidez para mover o balón e consequir tiros liberados pero, unha vez
máis, a eficacia non foi boa con fallos en situacións claras que nos levaron a un 16-9 que reflexaba
o que pasara na pista.
 

O segundo e o terceiro “actos” foron cortados polo mesmo “patrón”, Artai intensificou o seu ataque
e empezou a alternar defensa individual e en zona, o esforzo do primeiro empezou a notarse nas
nosas xogadoras que vían como se ampliaba a distancia no marcador e que a pesar de loitar polos
rebotes, eran inalcanzables. Así, con parciais de 20-6 e 26-10, as carballesas deixaron claro que non
ían permitir ningunha facilidade.
No derradeiro cuarto, pasamos a unha defensa zonal que lle creou algúns problemillas
dificultándolle algo o tiro e conseguindo “pescarlles” algún rebote defensivo, e en ataque logramos
aumentar a precisión e cun 19-14, para o 81-39 final, demos por terminada a temporada no que a
competición oficial se refire.
Por certo, volveron anotar todas.
 

O noso agradecemento ás persoas que durante toda a temporada nos acompañaron en todos os
partidos sufrindo polas inclemencias do tempo e viaxes a horas intempestivas e, porque non decilo,
con partidos malos nos que non dimos o suficiente, e que a pesares delo, seguiron animando e
puxeron de seu para que a parte final da competición, aínda que non en resultados numéricos, fose
millor e acabaramos con boas sensacións. Grazas.
Xogaron; Adriana, Alba, Clara, Erea, Lara, Marta e Sabela.
Reseña; O Reaparecido.
Fotos; Ana

No hay comentarios: