Foto de arquivo |
Partido xogado o sábado as 18:00h nos Rosales e que correspondía á 3a xornada da segunda fase da
liga na 2a división xunior feminina da zona norte e que no seu día fora aprazado.
Impresionante!! Que comerán en Ribadeo? Menuda media de estatura e de corpo ten este equipo.
Todos os que non o viran na primeira volta quedaron “abraiados” polo “poderío” físico da maioría
das súas xogadoras. E cinco delas son de idade cadete!!!
Nese contesto, e tendo en conta que nese aspecto nós andamos un pouco escasos, nada puidemos
facer para contrarrestalo.
As opcións visitantes estaban claras, se podían balón dentro, que se fallaba, rebote e rebote e rebote.
Que non se podía balón dentro, tiro exterior e, que se fallaba, rebote e rebote e rebote. Aínda por
riba, estaban acertadas no tiro.
En defensa, “recital” de defensa zonal onde non lles preocupaba moito que nós tiráramos de fora
porqué se fallábamos, rebote e rebote e rebote.
Hai que recoñecerlle que fixeron un partido moi completo.
Pola nosa parte, loitamos, e iso é bastante tendo en conta que os dous primeiros parciais foron 8-28
e 5-22 para un 10-50 no descanso que presaxiaba algo tremendo.
No descanso os adestradores pedíronlle as xogadoras que non se preocuparan do resultado, que
tratasen de xogar como saben e non decaer na intensidade nin, sobre todo, na acitude. E a verdade é
que non se lles pode reprochar nada. Os parciais da segunda mitade, 12-20 e 14-18, levaron a ese
resultado final que reflexa a diferenza física existente porque a técnica non é tanta.
Especial agradecemento ás cadetes Adriana, Daniela e Uxía pola súa colaboración xa que xusto
antes xogaran un partido co seu equipo e ó día seguinte xogaban outro ás 10 da mañá.
Xogaron: Adriana, Alba, Clara, Daniela, Erea, Lara, Marta, Sabela e Uxía.
Reseña: O reaparecido.
Foto de arquivo
No hay comentarios:
Publicar un comentario