martes, 10 de abril de 2018

Baloncesto Benxamín Mas. CB Arteixo Duacode 56 CDRosales-EPB 84

CDRosales EPB 84

(Marcos, Manu, Alex, Jorge G., Jorge A., Iago, Dani e Xune)

Arteixo 56

Partido disputado o sábado 7 de abril as 9:30h no Agra 2.

Moi bo partido en xeral e moi disputado, estivemos debaixo no marcador ata entrado o terceiro período e a diferencia entre ambos equipos foi o acerto dos nosos xogadores e a aposta de Arteixo centrada en penetracións, algo que consumaban polo menos 3 xogadores con gran solvencia ata que empezamos a defender o aro no lugar do balón.

Nós coma sempre intentamos non botar demasiado e xogar a dar máis pases, e para mostra unha foto do partido no que mentres se inicia un contraataque a vista está posta adiante, mentres fomos quen de facer isto o marcador sonreiunos, poren cando intentamos botar pegados á banda foi outra cousa. É normal que a esta idades créanse capaces de executar accións máis complicadas e tamén teñen dereito a equivocarse probándose na pista, forma parte de ir asumindo responsabilidades, polo tanto tamén o adestrador ten que estar contento con isto.

Agradecer o gran partido que brindounos o equipo de Arteixo, á labor arbitral, aos animadores de ambos equipos e as fotos do noso reporteiro en exclusiva “Carlos” e nas que dende un punto de vista de adestrador pódense ver moitas cousas.

Fora destes agradecementos destacar que un rapaz de 11 anos fora capaz de levar a acta e o tempo, se ben despistouse ao principio con varios erros, levouno moi ben ao final, isto demostra a importancia de que todas as familias sumemos ao proxecto do MiniBasquet.



Crónica Cala

Fotos Carlos Ramosmáis fotos aquí

No hay comentarios: