viernes, 13 de abril de 2018

Baloncesto CB Viveiro 54 CD Los Rosales 23

CARFERLO C.B. VIVEIRO 54 - CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 23
Xogado o domingo ás 11:00h en Viveiro correspondente á 5a xornada da segunda fase da liga na 2a
división xunior feminina da zona norte.
Non puido ser, tiñamos a imaxe do partido da primeira volta no que desplegamos un nivel moi alto
e conseguíramos poñer nun serio aprieto ó equipo de Viveiro pero, nin nós fumos as mesmas nin as
viveirenses tampouco.
De entrada xa contaban con tres xogadoras máis das que desplazaran a A Coruña e dúas delas eran
moi “grandes”.
Plantexaron unha defensa moi intensa, pechando todas as vías de entrada cara á canastra con axudas
continuas, de tal xeito que chegamos a velo todo negro, a cor das camisetas das locais...
Nós tentábamos mover o balón e buscar penetracións a canastra pero sempre que superábamos a
unha aparecía outra que nos obrigaba a rectificar provocando que a entrada non rematara ben ou
forzando tiros en posicións non claras.
Tamén intentamos alternar con tiro exterior, pero iso non é precisamente o noso punto forte, e as
tentativas de xogar situacións no interior da zona con pase dende fora tamén eran freados polas
“mulleres de negro”.
A nosa defensa estivo correcta en xeral, con esforzo por parte de todas, pechando bastante ben as
penetracións e “cedendo” o tiro exterior co que, a pesar de que conseguiron algunha canastra,
costáballe anotar e cada punto tiñan que traballalo moito. O problema estivo no rebote, que dada a
envergadura de Viveiro fartáronse a coller, chegando a darse situacións de ata cinco opcións no
mesmo ataque, pero tamén da idea de como loitamos.
En resumo, foi un moi bo partido de Viveiro e un no tan bo pola nosa parte pero que, a pesar da
pouca producción anotadora e da diferencia no marcador, tampouco podemos dicir que foi un mal
partido.
Quedan dous encontros de liga, os dous na casa, imos a dalo todo para volver ó nivel dos anteriores.
Por intentalo que non sexa.
Xogaron: Adriana, Alba, Daniela, Erea, Lara, Marta e Sabela.
Reseña: O reaparecido.
Foto de arquivo

No hay comentarios: