viernes, 27 de abril de 2018

Baloncesto Benxamín Mas. Calasanz 42 CDRosales-EPB 74

Calasanz 42
CDRosales EPB 74  


(Marcos, Iago, Jorge G., Manu, Jorge A., Dani, Alex e Xune)
Partido disputado o domingo 22 de abril as 16:15 no Sagrada Familia.

 FALEMOS DE %
Pechamos a segunda fase no grupo B invictos no marcador, algo que tamén conseguiu o gañador do A, equipo do Cía de María co que competimos ata o final perdendo só de 2 puntos na primeira fase, sen dúbida estamos entre grandes equipos desta competición.
Seguro que é un gran resultado ter rematada a liga cun porcentaxe total do 90% (18/16) de vitorias e quedará na historia do equipo para sempre, pero como adestrador valoro máis outras porcentaxes, como a de asistencia aos adestramentos ou a de asimilación de conceptos...aí superaron o 90% ...porque a de compromiso é do 100%
Do partido máis do mesmo, mellorando en cada ocasión,  gañando experiencia para o futuro e desfrutando de vivir esta temporada dun xogo moi fluído para esta categoría.
Agradecer a labor arbitral, a da mesa, ao noso equipo veciño Calasanz polo seu comportamento e a incansable labor da reportaxe fotográfica que volveu a facer Carlos.
Crónica Cala
Fotos Carlos Ramos Máis fotos aquí

No hay comentarios: