martes, 17 de abril de 2018

Baloncesto Benxamín Mas. CDRosales-EPBazán 76 Obradoiro 31

CDRosales EPB 76
(Xune, Marcos, Manu, Jorge G., Iago, Dani e Jorge A.)
Obradoiro 31

Partido disputado o 
sábado 14 de abril as 
19:15 no Agra2.

A falta dun partido para 
rematar a segunda fase 
da liga, deberíamos 
estar 
moi contentos coa resposta do noso equipo, 
ademais
de desfrutar e gañar, levamos varios partidos que 
somos felicitados polo adestrador rival, algo que 
non 
fixen chegar ao equipo, pois si sumamos estes 
comentarios ao porcentaxe de vitorias/derrotas 15/2 
non teño moi claro cal podería ser a reacción, polo 
que o xestionaremos con cautela.

Sobre o partido pouco que engadir respecto a 
outros 
encontros,  nos últimos partidos os equipos rivais 
solicitan tempos mortos, coido que é na idea de 
facernos unha mellor presión a toda pista, algo que 
ata a data o levamos con moita solvencia e sobre 
todo canta maior é a presión, máis doado é saír 
dela, 
a meu xuízo é un erro presionar se non se sabe 
defender, nese apartado levamos semanas 
mellorando a posición defensiva para evitar o que 
fan o 90% dos xogadores desta categoría...non 
defender e perseguir o balón...consecuencia chegar 
tarde en falta ou non chegar.



Próximo fin de semana a rematar a liga ante os 
nosos veciños do Calasanz á espera da seguinte 
competición que supoño convocará a FEGABA...A 
COPA.
Agradecer coma sempre 
a labor arbitral 
imprescindible para que 
todo transcorra con 
normalidade, aos pais 
que fixeron de mesa, 
aos 
asistentes, ao equipo rival e ao seu adestrador 
polas  palabras tan amables cara nós e a Juan que 
nesta 
ocasión fixo o reportaxe fotográfico.
Crónica Cala
Fotos Juan

No hay comentarios: