CDRosales EPB 56 – Culleredo O Burgo 5
Os protagonistas : Marcos, Xune, Daniel, Manu, Jorge
A., Iago, Alex e Jorge G.
Partido disputado o domingo 28 de xaneiro
de 2018 as 17:45 h na polideportiva da Sagrada Familia
Antes do comezo do partido e ante a posibilidade de que outra xornada máis
no tiveramos arbitraxe facilitado pola FEGABA, tiña pactado co adestrador de
Culleredo xogar un partidillo pero non entregar a acta coma protesta da falta
de compromiso cara esta competición, algo que non aconteceu polo cambio de
pista da árbitro...pero coma se pode comprobar esto non mellora.
O PARTIDO: Segundo partido consecutivo
pechando marcador o que volve a poñer de manifesto que nesta competición o máis
importante ten que ser o xogo e non os números finais das actas, falar máis do
resultado non ten sentido.
Nesta
ocasión aproveitamos para mellorar o xogo máis calmado e facendo
circular o balón, quizais e ante a cantidade de oportunidades para
tirar, costábanos
non executar o tiro, pero en moitas ocasións conseguimos darlle voltas
ao balón
para ver que non todo fora tirar a primeira oportunidade, (algo que non
está mal) pero este tipo de partidos téñennos que dar máis opcións. O
que se poido ver
foi unha cantidade de pases extraordinarios, forzando accións fora das
asistencias habituais. Algo que xa puxen nalgunha crónica pasada é a mención a uns dos mellores xogadores
que sairon de Europa, Toni Kukok que mantiña que “...unha canastra fai feliz a
unha persoa, pero eu prefiro unha asistencia pois fai feliz a dúas...” dende
logo a esencia do que significa xogar en EQUIPO.
AGRADECEMENTOS: Ao comportamento
do equipo do de Culleredo e o seu adestrador, aos pais que fixeron a acta, a
reportaxe fotográfica que sempre nos fai Carlos, a bancada que anima sempre e
nesta ocasión a colaboración da rapaza que nos arbitrou, pois máis aló de
dirixir o encontro, axudou á formación no regulamento de todos os
participantes.
Crónica Cala
Fotos Carlos Ramos
No hay comentarios:
Publicar un comentario