Baloncesto xunior feminino
Club Deportivo Los Rosales 35
Trebóns 71
Partido xogado o domingo ás 10:00 no pavillón dos Rosales.
Non foi bo. É certo que estábamos un pouco escasos de efectivos xa que só tiñamos seis xogadoras dispoñibles e dúas delas recuperándose de males varios pero a posta en marcha non foi boa.
O prantexamento de xogo pasaba por facer unha defensa pechada con moitas axudas e intentar o contra ataque e, se este non era posible, posesións longas. Fixemos todo o contrario, e en tres minutos 0-10 de parcial que obrigaba a pedir tempo morto. Non fumos quen de axustar a defensa pero si un pouco o ataque pero a diferencia no marcador aumentou (8-22).
No segundo cuarto empezamos a funcionar, máis metidas no partido encontramos o punto de
intensidade necesario; axustamos a defensa e fixemos un ataque máis fluído e so as imprecisións no tiro non nos permitiron recurtar a diferencia (17-34).
Chegou o descanso que agardábamos como auga de maio, pero houbera sido millor que non o tivéramos porque a saída do terceiro cuarto foi pior que a do principio. Probablemente pasou factura o esforzo e a falta de rotacións, pero fora o que fora, foi a puntilla para o resultado (25-58).
Cando todo facía presaxiar que o resultado ía ser escandaloso, as xogadoras sacaron a última
reserva de enerxía que lles quedaba e conseguiron, cando menos, que a diferencia non
aumentara, deixando unha boa imaxe final polo esforzo (35-71).
Quedan catro partidos para rematar esta fase, agardamos que se pasen as gripes, catarros e
accidentes e que poidamos dispoñer de todas as xogadoras e en boas condicións, xa que
facéndoo ben hai opcións de sacar un bo resultado. Contra Artai vai estar moi complicado pero
polo menos ser competitivas.
Xogaron; Alba, Clara, Erea, Lara, Marta e a cadete Adriana.
Reseña: O reaparecido.
Fotos: Ana Nieto Máis fotos aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario