martes, 16 de enero de 2018

Baloncesto Benxamín Mas. Compañía de María A 43 CD Los Rosales 40

Compañía de María 43
CDRosales EPB 40
(Marcos, Iago, Xune, Jorge A., Alex, Manu e Dani)
Partido xogado o domingo 14 de xaneiro de 2018 as 11:00 no pavillón do Agra 2.

Primeiro partido do ano para finalizar a primeira fase da liga regular e ante un rival que conta todas as súas presencias por vitorias.

Foi un partido moi disputado e emocionante e no que tivemos opcións claras de sumar máis puntos que o Cía. de María, pero as veces pequenos detalles precipitan decisións algo atropeladas, acertar ou non é nelas, determina moitas veces o marcador final. Nestas idades nas que os xogadores aínda están por descubrir as distintas opcións de xogo, é complicado que acerten nas decisións que teñen que tomar, sobre todo ante as insistentes defensas que nesta categoría son a maioría do tempo agarróns e faltas regulamentarias que inciden no equilibrio dos atacantes á hora de executar as accións do propio deporte.

Se ben o que subscribe segue a suspirar por unha competición máis limpa deste tipo de ataques ao deporte do minibasquet disfrazada de DEFENSA... é entendible que por chegar tarde nas accións se produzan choques inevitables, dito isto e a pesar de que o rival fixo algún agarrón ou algunha invasión antirregulamentaria do espazo do atacante, sobre todo nas bandas, foi un partido moi bonito de ver, pois ambos equipos sabían a que xogaban, utilizando os espazos amplamente e buscándose entre eles con pases moi bos, ademais o marcador apertouse no tramo final e houbo alternativas dos dous equipos, o marcador final foi de 43 a 40 e o RESULTADO...un partido precioso, esperemos ter máis partidos así no que queda de competición.

Agradecer ao equipo rival o seu bo comportamento e o bo facer na cancha que sen dúbida fainos mellorar, á labor arbitral que nesta ocasión foi moi acertada, ao espectacular novo reportaxe fotográfico e como sempre aos pais e nais polo seu apoio en todos os partidos e tamén por pedir algo moi especial aos reis magos...Unhas Sudadeiras Incribles para todo o equipo incluíndo aos adestradores, dirixir un equipo así é un luxo.
Crónica Cala
Fotos Carlos Ramos Máis fotos aquí



No hay comentarios: