lunes, 22 de enero de 2018

Baloncesto Benxamín Mas. peñarredonda 16 CDRosales- EPB 68

PEÑARREDONDA 16

CDR EMILIA PARDO BAZÁN 68

Marcos, Jorge A., Alex, Xune, Manu, Dani e Iago


Partido xogado o domingo 21 de xaneiro as 17:45 na polideportiva da Sagrada Familia.


Primeiro encontro da segunda fase ante un equipo pouco acertado de cara ao aro e que servíunos para ir mellorando algúns aspectos como é o de intentar facer as entradas polo lado que corresponde ou nalgún momento intentar xogar calmadamente  algo moi difícil no minibasket...XOGO EN ESTÁTICO. Sen  pretendelo pechamos o marcador no tramo final do encontro, polo que pouco que engadir na crónica neste apartado.


Agradecer ao equipo de Peñarredonda o seu comportamento,  á grada en xeral e en especial á labor arbitral que nesta ocasión foi da man de Alba e Noel, adestradores do noso club que se ofreceron a quedarse logo do remate do seu partido, pola non presencia de ningún arbitro na pista 1, esta incidencia que poido ser salientada grazas a presencia destes adestradores, demostra a falta de interese da Federación ante a competición de MiniBasquet, o porqué haberá que preguntalo aos responsables...
Crónica Cala
Fotos Carlos Ramos Máis fotos aquí

No hay comentarios: