AMIGABLE: ESCLAVAS-C D LOS ROSALES
O pasado mércores día 10, a ANPA do colexio das Esclavas levou a cabo a
homenaxe a Andrés Barreiro, promotor e impulsor do deporte en xeral, e
do baloncesto en particular, no centro educativo, e que faleceu hai tres
anos.
Por primeira vez organizaron un partido de baloncesto feminino e tiveron
a amabilidade de invitar ó equipo cadete do 2001 do noso Club para o
evento.
Evidentemente o de menos era e foi o resultado, tratábase de pasar un
rato xogando a algo que nos gusta pero coa suficiente seriedade como para
intentar facer algunhas cousas que nos poidan servir na vindeira Copa
Primavera e tamén unha toma de contacto entre as xogadoras e o novo
adestrador que as vai dirixir nos proximos partidos. E así foi, pasámolo
ben, fixemos un par de axustes no xogo e, aínda por riba, a ANPA
agasallounos cun "piscolabis" o sábado na festa do Cole onde nos fixeron
entrega dun bonito trofeo que pasa a adornar a estantería do Club.
Agradecer a invitación e as atencións que nos dispensaron e o noso saúdo para a familia e achegados do homenaxeado.
Reseña: Un que pasaba por alí.
Fotos: Ana Nieto
No hay comentarios:
Publicar un comentario