CD LOS ROSALES 40 (12+2+12+14)
Enrique 2, Miguel 12, Diego 4, Bort 7, Jano 3,
Manu 2, David 10
MARISTAS 52 (10+19+12+11)
Partido xogado na casa o pasado domingo 18 as
12:00h contra un equipo no que puidemos dar moito máis. Logo de ir gañando ao
inicio e non saber aumentar a vantaxe ante o seu mal tiro exterior un parcial
no segundo cuarto de 2 a 19 foi o que determinou o que sería o resultado final,
nesta competición non se pode optar a gañar un encontro metendo o 10% co rival.
A participación dunha única colexiada propiciou que non se penalizaran moitos contactos
na defensa presionante por parte de Maristas durante os 40 minutos, non foi o
motivo polo que perdemos o encontro, pois deberíamos ter aplicado conceptos adestrados
para saír dela, pero se que nalgúns desenlaces pasaron desapercibidas algunhas
faltas que máis que facer dano no marcador, o fixo na confianza dos xogadores
locais.
Na segunda metade reaccionamos por minutos e
conseguimos empatar un cuarto e superarlles no último pero non o suficiente
para recuperar os -17 do segundo. A pesar da derrota, marchamos coa sensación
de que puidemos competir mellor no partido de volta.
Agora a poñernos as pilas en Nadal para
afrontar os seguintes partidos, o 14 de xaneiro contra o segundo equipo de
Basquet Coruña e o 22 contra Cambre que só perdeu un encontro no que vai de
liga.
Crónica Cala
Fotos Marta Puñal
No hay comentarios:
Publicar un comentario