lunes, 12 de diciembre de 2016

Baloncesto Cadete Mas. Escola Basket Xiria 54 CD Los Rosales 47

Escola Basket Xiria 54 (4+14+15+21)

Rosales 47 (11+19+15+7)
Miguel 16, David 6, Bort 12, Valiño 2, Manu2, Samu 2, Sánchez2 , Diego 4, Enrique 1
Partido xogado en Carballo o sábado 10 de decembro  as 10:00 ante Artai, ambos equipos estábamos empatados a 5 victorias no momento do encontro o que presumia ser igualado. Non foi así pois nos dous primeiros cuartos Rosales dominou con claridade levando a diferencia aos 15 puntos no segundo cuarto no que deberíamos ter posto máis vantaxa no marcador, manter a tensión en cada segundo sempre é importante, pero ante un rival como o carballés estar concentrado é vital.
Na segunda parte e a pesar de que o noso rival só tiña 7 xogadores, deunos unha lección de pundonor na pista e ao que narra a crónica outra na cuestión táctica, pois a decisión de atacar da maneira que a fixemos non deu resultado e propiciou a remontada dos do Xiria. Hai que mencionar que tamén tivemos mala sorte en momentos delicados nos que 2 triples saironse por pouco, pero ao final entre as malas decisións e falta de acerto o resultado é o máis xusto.
A seguir traballando para o seguinte partido contra Maristas na casa, equipo que tamén está empatado con nós na clasificación, esperemos que nesta ocasión acertemos no plantexamento e manteñamos a concentración ata o final.
Gracias coma sempre aos colexiados pola súa labor non sempre recoñecida e tamén á mesa, en especial a Patricia pola súa paciencia durante o encontro.


Crónica Cala
Fotos Juan

No hay comentarios: