viernes, 9 de marzo de 2018

Baloncesto Xúnior Fem. Ría de Ribadeo 79 CD Los Rosales 31

RÍA DE RIBADEO 79 – CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 31
Partido xogado o domingo as 19:00h en Ribadeo e que correspondía á 1a xornada da segunda fase
da liga na 2a división xunior feminina da zona norte.
Realmente hai pouco que comentar, o resultado é un fiel reflexo do acontecido no partido.
Avasalamento do equipo local que cunha eficaz defensa zonal presionante no medio campo
conseguíu que lle agasallásemos cunhas, 30? 40? pérdas de balón, entre agotamento de posesión en
campo propio e en campo de ataque, pases a onde non había ningunha compañeira ou directamente
fora ou directamente ás contrarias..., o caso é que das contadas ocasións en que fumos quen de
chegar á zona contraria tendo un pouco de calma para xogar, conseguimos unha porcentaxe alta de
acerto.
E grazas que a defensa en algunha fase do encontro foi moi boa.
Certo que as ribadenses son máis grandes e altas que as nosas e que o aproveitaron ben, pero en
ningún momento fora do regulamento e, se ben a arbitraxe foi rigorosa, non é menos certo que, a
pesar das opiniones sobre o tema, estivo correcta, de feito a diferenza en número de personais entre
un equipo e o outro foi de tres, 17 para Ribadeo, 20 para nós, e unha delas unha técnica innecesaria
e merecida que ademáis deixou ao equipo con catro en cancha para xogar os últimos dous minutos.
Perdimos porque non soubemos xogar contra o plantexamento que nos fixeron.
Temos un problema añadido que é que somos moi febles sobre todo contra equipos que fisicamente
son superiores, e cando nos “achuchan” ímonos mentalmente do partido, preocupámonos máis do
que nos pitan ou deixan de pitar, que se é falta ou non o é, que si isto, que si aquelo...
O equipo ten que facer un esforzo para non caer nestas situacións, concentrarse no xogo e
aproveitar o tempo para utilizar os coñecementos que temos, adicarnos a xogar e tratar de pasalo
ben.
O sábado, nos Rosales ás 18:00h, temos unha nova oportunidade contra Viveiro. Imos a elo!
Xogaron: Alba, Daniela, Erea, Lara, Marta e Sabela.
Reseña: O reaparecido.
Fotos: arquivo


No hay comentarios: