Obradoiro 21
CDRosales EPB 56
(Iago, Marcos, Manu, Dani, Alex, Jorge A. e
Xune)
O marcador coma sempre o menos importante,
sendo este novo partido outra oportunidade para xogar moito e seguir
aprendendo...engadir máis non ten sentido.
Outras cuestións que envolven os partidos e
que si vou a nomear:
En primeiro lugar a importancia de apoiar ao desenvolvemento
do encontro cando toca facer a labor de mesa, moi importante ao meu entender é
que se participe nunha dupla (marcador/tempo) pois é moi doado cometer erros ou
non seguir o ritmo das sinalizacións a pesar da boa vontade que poñemos sempre cando
baixamos á pista, por isto e por algún comentario o día do partido tanto co
adestrador de Obradoiro e o pai que tivo a amabilidade de axudar a cubrir o
acta, fago o recordatorio para que cando toque baixar aos pais...a ver se
algunha nai anímase tamén...o fagades en parella...grazas de antemán.
Outra cuestión á que eu doulle importancia
cando somo locais, é que si todos estamos obrigados a presentar un balón BADEN ao
inicio do partido, iso débese respectar...
Tamén comentar que tivemos a sorte de disputar
un partido no que unha árbitro facía o seu debut no que estivo acompañada por
outro colexiado con máis experiencia, aplaudimos que no lugar da ausencia destes,
preséntense a pares.
Por último agradecer a entrega de todos os
xogadores, o intercambio de opinións co outro equipo que sempre axudan e a
presencia na grada dos/as que apoiades este deporte...e as fotos...ahhh esas
fotos.
Crónica CalaFotos Carlos Ramosmáis fotos aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario