jueves, 15 de marzo de 2018

Baloncesto Benxamín Mas. CDRosales-EPB 45 Peñarredonda 19

CD Rosales EPB 45
(Dani, Alex, Iago, Jorge A., Marcos,  Xune, Manu e Jorge G.)
Peñarredonda 19
Partido xogado o sábado 10 de marzo de 2018 as 16:15 no pavillón do Agra 2.
Segundo encontro contra este equipo, nesta ocasión tivemos menos acerto que no primeiro, pero unha gran cantidade de ocasións con moi bo criterio e a pesar de encestar case 20 puntos menos, estivemos nunha progresión magnífica en tanto a entender o aprendido.


Sobre o desenlace do xogo e vendo a cantidade de faltas do equipo rival, co resultado de 2 expulsados de Peñarredonda, a miña valoración é que os nenos deben comprender mellor o xogo e as regras para defender que para atacar, se non o resultado pode ser sair do partido moi cedo. Pola nosa parte comézamos fai unhas semanas introducindo algún concepto novo en defensa, que sen dúbida vailles axudar aos xogadores no futuro, pois se de algo se caracteriza este equipo é dun gran grado de asimilación, en parte polo ánimo co que acuden a cada adestramento.
Agradecer aos dous papis que fixeron a acta e aos dos dous árbitros de 13 e 14 anos, aplaudirlles pola valentía de arbitrar sen tutela, se ben é certo que tanto o adestrador rival e eu facilitámoslle a labor, penso que acabaron con moi bo sabor de boca e ...gracias polas fotos, ahhh!! esas magnificas fotos de Carlos que axudaran a recordar esta gran temporada.

Crónica Cala
Fotos Carlos RamosMáis fotos aquí

No hay comentarios: