Esclavas (5+7+9+12) 33
García 2, Losada, Tuñón 5, Rodríguez 2, Iglesias, Vaamonde, Arrojo 4, Torrente 2, Barreiro 16, Esparrago, Revilla 2 e Barredo
CD Los Rosales ( 18+6+12+15) 51

Partido xogado o pasado 18 de marzo as 12:00 na polideportiva de Riazor 2 como visitante.
Quizais
este encontro non chegou no mellor momento, pois durante a semana
tivemos numerosas baixas o día no que máis tempo disponíamos da pista
enteria para adestrar, pero seguro que os xogadores de Esclavas tamén
tiveron que afrontar exámenes, polo tanto non debería valer de excusa.
Nos
dous partidos xogados ante este equipo, o resultado foi moi parecido
sendo a diferencia final exactamente a mesma +18, quizais poderiamos ter
posta maior distancia pero a defensa 2-3 plantexada frenounos bastante,
non foi así no inicio do partido ante a súa presión a toda cancha que
rebasamos con traballo pero eficazmente (este traballo esperemos sirva
ante os próximos rivais).

Próximo
rival na nosa casa contra Escola Basket Xiria, recordamos o marcador da
ida 54 a 37 para eles, nun partido que tivemos gañado pero no que fomos
remontados nos últimos minutos moi claramente, o noso obxetivo sin
dubida será gañar primeiro e buscar o básquet average de +7, +8... eso
será o domingo as 12:00 en Rosales.

Crónica Cala
Fotos Juan Iglesias
No hay comentarios:
Publicar un comentario