martes, 8 de mayo de 2018

Baloncesto Benxamín Mas. CDR-EPB


NARANXAS VS RESTO DO MUNDO

O sábado 5 de maio estivemos citados a un encontro  supostamente aprazado, pero logo de esperar á hora da convocatoria que recibimos da FEGABA e ante a non comparecencia do outro equipo, decidimos aproveitar durante máis dunha hora a pista completa, para iso tivemos a axuda de 3 xogadores do BasketCoruña que andaban a pelotear na canastra contraria á que nós fixeramos o quecemento, polo que ao final disputamos un partido a toda pista 5 contra 5, algo distinto ata o de agora para nós, pois non será ata a próxima tempada na categoría alevins cando os partidos sexan con 10 en pista, foi unha boa experiencia sobre todo pola participación de xogadores máis expertos.
Aproveitando a pista enteira e sen ningún tipo de restricións,  probamos a xogar con regras novas,  coma a das canastras que se conseguiran sen usar o bote de pista a pista que valerían 10 puntos, iso fixo que se esforzaran en non darlle tanto ao vicio do YO-YO...conseguiron a lo menos 6 entre ambos equipos.
A anécdota foi que logo de que moitos rapaces que andaban polas gradas decataranse de que estabamos a organizar un partido informal entre os 7 benxa do Emilia e 3 infantiles do Basket, outro xogador Benxamín do Basket baixou xunto a min para ofrecerse a xogar tamén, algo que fixen encantado, incluso houbo tempo para que se sumaran nos últimos minutos xogadores de Emilia de primeiro ano.
Pois todo isto que contamos non tería sucedido se non fora polo erro da convocatoria que fixo a FEGABA, pois o encontro si fora disputado o pasado 10 de marzo, indica a Federación nun correo posterior ao fin de semana, que non tiña o resultado, pois non houbo árbitro naquela data, algo que non é certo, recordemos un extracto da crónica de aquel partido...” Agradecer aos dous papis que fixeron a acta e aos dos dous árbitros de 13 e 14 anos, aplaudirlles pola valentía de arbitrar sen tutela”...foi un erro claro da FEGABA, que nin designou árbitro para o partido pois fora avisado polo equipo de Peñarredonda que si recordara a disputa do encontro...o que non pode pretender a Federación e que comprobemos se temos xogado ou non os partidos, sobre todo cando a visita que  fixen a semana pasada na web oficial, non figuraba o resultado... de ser noso este erro  repercutiría economicamente no CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES, pero cando se equivocan eles(non é a primeira vez) non sucede nada.
En fin a parte positiva un adestramento extraordinario e outro reportaxe da man de Carlos
Crónica Cala
Fotos Carlos RamosMáis fotos aquí

No hay comentarios: