CDRosales EPB 84
Arteixo 56
Partido disputado o sábado 7 de abril as 9:30h
no Agra 2.
Moi bo partido en xeral e moi disputado, estivemos
debaixo no marcador ata entrado o terceiro período e a diferencia entre ambos
equipos foi o acerto dos nosos xogadores e a aposta de Arteixo centrada en
penetracións, algo que consumaban polo menos 3 xogadores con gran solvencia ata
que empezamos a defender o aro no lugar do balón.
Nós coma sempre intentamos non botar demasiado
e xogar a dar máis pases, e para mostra unha foto do partido no que mentres se
inicia un contraataque a vista está posta adiante, mentres fomos quen de facer
isto o marcador sonreiunos, poren cando intentamos botar pegados á banda foi
outra cousa. É normal que a esta idades créanse capaces de executar accións máis
complicadas e tamén teñen dereito a equivocarse probándose na pista, forma
parte de ir asumindo responsabilidades, polo tanto tamén o adestrador ten que
estar contento con isto.
Agradecer o gran partido que brindounos o
equipo de Arteixo, á labor arbitral, aos animadores de ambos equipos e as fotos
do noso reporteiro en exclusiva “Carlos” e nas que dende un punto de vista de
adestrador pódense ver moitas cousas.
Fora destes agradecementos destacar que un
rapaz de 11 anos fora capaz de levar a acta e o tempo, se ben despistouse ao
principio con varios erros, levouno moi ben ao final, isto demostra a
importancia de que todas as familias sumemos ao proxecto do MiniBasquet.
Crónica Cala
Fotos Carlos Ramosmáis fotos aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario