viernes, 27 de abril de 2018

Baloncesto Xúnior Fem CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 42 - CARNICERÍA DANIEL ARTAI 78

Foto de arquivo

Partido xogado o domingo as 12:00h nos Rosales e que correspondía á ida da Copa Primavera.
E non podía tocarnos outro equipo máis “asequible”. Tivo que ser Artai que xa na fase de liga
regular nos gañara con claridade.
Teñen tamén un par de xogadoras moi altas e o equipo está moi ben “traballado” tanto en defensa
como en ataque.
Entre iso e que nós viñamos do esforzo do día anterior con Ribadeo, as opcións foran nulas dende o
primeiro minuto no que se veu con claridade a superioridade das Carballesas.
O xogo do equipo non foi tan “lúcido” como en xornadas anteriores pero mantívose o tipo e polo
menos tentouse dar a cara e deixar boa imaxe.
De novo dar especialmente as grazas ás cadetes que outra vez xogaron o seu partido ás 10 de mañá
e aínda así, quedaron para botar unha man.
Xogaron; Adriana, Alba, Clara, Daniela, Erea, Lara, Marta, Sabela e Uxía.
Reseña; O Reaparecido.
Foto de arquivo

No hay comentarios: