miércoles, 23 de enero de 2013

Futbol sala cadetes EX-ALCOHÓLICOS MORAS A 5 CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES 1


EX-ALCOHÓLICOS MORAS A  5  CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES  1

Encontro moi disputado no que os campións desta 1ª fase da categoría demostraron porque o son, con xogadores dunha gran calidade técnica que saben posicionarse moi ben na cancha, presionan con moite orde e teñen un xogo de ataque moi fluido, creando numerosas ocasións de gol que foron moi ben contrarrestadas polo noso porteiro que salvou unhas cantas moi claras. Os de Los Rosales plantaron cara e tiveron as súas opcións de marcar algún gol máis pero tamén o porteiro fixo ben o seu traballo. Sinalar que, ademais, nos visitantes xogaron algúns minutos catro infantís.
Agora a facelo ben na 2ª fase.
Crónica elaborada polo Xornalista invisible

No hay comentarios: