Este domingo, 20 de xaneiro, disputouse o partido de cadetes entre o Culleredo e Los Rosales no pavillón do concello en O Burgo, quizáis un dos mellores pavillóns nos que xogamos na tempada actual ata o de agora.
O partido empezou con un ritmo de xogo tranquilo, con ocasións para os dous equipos, sin que ningún dominara no marcador. Os nosos rapaces, despóis dos intres iniciais, colleron confianza e empezaron a xogar con acerto no ataque e moita seriedade no aspecto defensivo. A pesar da vantaxe no marcador para o Culleredo, o partido estivo bastante igualado nos dous primeiros cuartos, chegando ao descanso con 20-12 a favor dos locáis.
Na reanudación tralo descanso, o Culleredo saíu coas pilas postas, conseguindo no primeiro minuto do tercer cuarto un marcador parcial de 7-0. Isto parece que desconcentrou aos nosos, que neste cuarto volveron cometer erros pasados: pases precipitados, balóns "rifados", descolocación en defensa, etc. Os locais aproveitaron moi ben as oportunidades ofrecidas polos nosos, o que lles permitiu facer 24 puntos neste periodo, máis dos que fixeron na primeira metade do partido. Ao final do terceiro cuarto, o Culleredo dominaba no marcador por 44-17. Empezábase a revivir o resultado do partido da primeira volta.
Sen embargo, como por arte de maxia, no último cuarto, os equipos trocaron os papeis, e os nosos rapaces lograron recuperar o bo xogo dos primeiros cuartos, logrando vencer ao Culleredo por 13-10 neste último periodo, có que o marcador final quedou 54-30 a favor do equipo local.
Crónica elaborada por Jose LV.
No hay comentarios:
Publicar un comentario