martes, 6 de febrero de 2018

Baloncesto Benxamín Mas. Calasancias 27 CDRosales-EPB 44



Calasancias 27
CDR Emilia 44
(Dani, Marcos, J. Armas, J.Gonzalez, Manu, Iago, Xune e Alex)
Partido disputado o sábado 3 de febreiro as 19:15 horas no pavillón do Agra 2
Terceiro partido desta segunda fase que tivo moita disputa mediado o encontro, pois a pesar da diferencia que figura no marcador, estivemos moi igualados polo menos 4 períodos. Un partido bonito de ver ademais tiña o engadido de ser uns dos derbis do noso barrio, xogar con rapaces que se coñecen das pistas do parque, fíxolles facer comentarios previos moi simpáticos e gracias a idade que teñen todos eles foron moi amigables, algo a cultivar sen dúbida.
O seguinte partido será a volta dos carnavais, mentres a seguir desfrutando dos adestramentos e ir paso a paso evolucionando individualmente e sobre todo poñendo esas individualidades no beneficio do colectivo, algo que se vai cimentando bastante ben entre todos.
Agradecer novamente a todos os asistentes, seareiros, mesa, Calasancias e a labor arbitral que tivo a paciencia de dar as explicacións oportunas sobre o regulamento, algo que axuda aos rapaces a medrar adecuadamente...e como non a un novo reportaxe de Carlos, que converte todas estas crónicas nun recordo marabilloso cara o futuro.
Crónica Cala
Fotos Carlos Ramos Máis fotos aquí

No hay comentarios: