CDR Emilia 50
Marcos, Manu, Jorge G., Jorge A., Iago, Xune e
Dani
Basquet Coruña U10 47
Partido disputado o sábado 2 de decembro as
16:45 no pavillón do Agra 2.
A pesar do fría que estaba a tarde, os
participantes deste bonito e disputado encontro...tamén no marcador... o
fixeron tan vibrante que durante a súa disputa todos esquecímosnos da sensación
térmica reinante. O partido foi moi intenso en defensa, polo que en moitas
ocasións e debido a idade dos participantes a maioría das veces a defensa eran
infraccións do regulamento, algo tremendamente difícil de frear polo ímpeto
destas idades polo que pouco que engadir ao respecto.
En ataque houbo momentos moi ben levados sen
abusar do bote, a medida que progresemos neste sentido, desfrutaremos máis do
xogo pois seremos máis difíciles de frear, incluso ante defensas tan aguerridas
como a deste partido.
Outra cousa a resaltar foi o ben que levamos
os minutos finais apretados no marcador, se ben a estas idades non debería
importar moito o resultado, serviu para ir collendo templanza que serviralles
para afrontar máis tranquilos situacións futuras... non só en partido de
baloncesto.
Agradecer ao equipo rival o seu comportamento durante
todo o partido e ao final que souberon asumir o resultado, tamén á rapaza que
arbitrou e como sempre aos seareiros no seu comportamento na grada e a Carlos
co seu reportaxe fotográfico que quedará para sempre como un bonito recordo para todos.
E
unha licencia do que escribe, ao remate do encontro recibín a grata visita
dunha sobriña que xogaba a continuación e coa que me saquei unha foto que sae no enlace da crónica, logo de
estar toda a tarde no pavillón vendo ao meu fillo xogar, quedei un rato a ver o
da miña sobriña...vendo o partido e charlando co seu pai... reflexionamos do
importante que é o deporte nesta idades... e se é MINIBASKET... MELLOR QUE MELLOR.Crónica Cala
Fotos Carlos Ramos Máis fotos aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario