martes, 19 de diciembre de 2017

Baloncesto Benxamín Mas. CDRosales-EPB - Dominicos

CRLOS ROSALES (Marcos, Manu, Jorge G., Jorge A., Dani, Alex, Xune e Iago)
DOMINICOS
Partido disputado o sábado 16 de decembro as 17:45 no Agra 2.
REFLEXIÓNS
Varias reflexións da xornada deste fin de semana, algunha non moi positiva, cada vez son máis consciente da importancia que se lle está dando aos resultados no marcador, é unha dinámica moi difícil de parar cando todos os equipos rivais planifican cada partido da mesma maneira, defensa press con contactos non regulamentarios todo o partido...total quen vai a pitar todas as faltas? Algunha non será e a recompensa polo xeral é contraataque e 2 puntos para o meu equipo...  por certo mencionei  as idades dos xogadores?..9 anos... non xogan Baloncesto nin MiniBasquet...xogan a PreMiniBasquet.
Atacar ben é moi difícil con, repito 9 anos, si partimos da seguinte premisa que se utiliza en idades superiores que xogan a outro deporte chamado Baloncesto, o ataque sempre ten a vantaxe, pois quen posúe o balón sabe (ou debería ter unha idea de) que vai facer con el e a defensa sempre vai (ou debería ir) a remolque,...entón algo tan difícil como é defender ben en Baloncesto...debería ser moi complicado para idades de MiniBasquet e sobre todo PreMiniBasquet, onde sempre se chega tarde e en desvantaxe respecto ao ataque. Entón porque todos os partidos son planificados así pola inmensa maioría dos equipos PreMini? Quizais haberá clubs que só buscan RESULTADOS, para lucilos e traer clientela e o resto por ósmosis fan o mesmo ben por contentar aos pais e nais polo esforzo de acudir aos partidos ou ben porque non teñen outro plantexamento máis aló, ou o máis perigoso  por alimentar EGOS...que disto hai moito por desgracia.
O PARTIDO EN CUESTIÓN... CELEBRACIÓN vs DISPUTA
O sábado atopámonos outra vez cun arbitraxe sen supervisión, sen experiencia e ante un equipo que cometeu una avalancha de faltas non sinaladas, quen poido seguir o marcador observaba como as alternancias oscilaban en función da agresividade do momento, especialmente ao final onde as faltas non sinaladas convertéronse en agarróns a media pista ou en golpes aos nosos xogadores despois de caer ao chan, algo máis propios doutras disciplinas deportivas de contacto, pero co problema engadido da falta de control dos xogadores que volvo a recordar teñen 9 anos...vendo este escenario o partido pasou a outro plano e o máis importante era aprender algo de todo isto (se é que hai algo por aprender), o resultado foi unha dura aprendizaxe para saír de moitas situacións, sobre todo porque o noso equipo non entreina...máis ben desetreina este tipo de antixogo, levei unha sorpresa da resposta de todos, non se enfadaron moito e non responderon con furia, pero si que o describiron moi ben no banquillo algún entre lágrimas, quero pensar que se decataron da diferencia da aposta que facemos con respecto a outros equipos.
Imaxino que cando sexamos conscientes de que o importante é o xogo e o desfrute del no momento da celebración dos partidos, en cada tiro, pase, entrada ou acción adestrada e non a disputa polo marcador final, haberemos avanzado no aprendizaxe en xeral.
AGRADECEMENTOS, DISCULPAS E LAMENTOS
Nesta ocasión por riba de todos os agradecementos aos seareiros, o máis fácil sería que se escoitara algunha queixa deles cando me dirixín á arbitro para pedir explicacións sobre un erro e cambio de criterio arbitral demasiado obvio en unha falta en ataque, pero a resposta foi magnifica e obrigoume a seguir por propia vontade a maioria do partido sentado no banquillo e evitar escenificar o cabreo que tiña, sobre todo polo que imaxinaba que estaba por vir e que chegou;  Buscaba respostas que non tiñan contestación, polo que o que tocaba era levalo por dentro sen máis, dito isto  pido desculpas por pedir paciencia e non tela nese momento, espero que os xogadores non o detectaran... por si acaso tratarémolo no próximo adestramento, tamén agradecementos aos xogadores de 9 anos por estar á altura.
Lamento que esta competición que debería ser a máis bonita, as veces se converta nun circo romano, os 3 equipos do Club que disputaron(non celebraron) os seus partidos o sábado na mesma pista, tiveron que lidiar con gladiadores e falta de experiencia arbitral.
Ah! falando de resultados no partido CDRLOSROSALES E DOMINICOS, entre ambos equipos sumaron 101 puntos e  foi gañado por un deles por a mínima diferencia.
FELICES FESTAS E BO NADAL!! VÉMONOS A VOLTA NO 2018

Retírase o resultado do título por petición de Cala

Crónica Cala
Fotos Carlos RamosMáis fotos aquí


No hay comentarios: