miércoles, 5 de abril de 2017

Baloncesto Infantil Fem. CD Los Rosales 8 Centro Veterinario Eume 61

CLUB DEPORTIVO LOS ROSALES; 8 - CENTRO VETERINARIO EUME; 61 C.D. LOS ROSALES 8:  Cagiao, A.; López, S.(6) ; Fernández, L.; Rivas P.; Rioboo, L. inicialBalado, I.; Lozano, P.; González, M. (2); Clancy, S.; López, L.; Bello, S.; Sánchez, L.
Encontro correspondente á 8ª xornada de 2ª fase celebrado o domingo ás 12:00 no pavillón dos Rosales.
O día, a hora e os equipos, prometían a posibilidade de pasar un bo rato antes de ir tomar o aperitivo disfrutando dun entretido partido de baloncesto, pero...., nada que ver coa realidade. O equipo local saíu sen intensidade ningunha, como se aquilo non fora con elas. Todo o contrario das visitantes que cunha defensa moi boa das liñas de pase roubaban balóns e saían con transicción rápidas que collían as "rosaleiras" descolocadas.

No segundo cuarto foi aínda pior, ningunha das locais foi quen de poñer unha pausa no ataque, e na defensa xogaban moi encima das rivais as cales "abriron" a pista e cun baloncesto moi sinxelo; pasar e cortar, non deron nin unha oportunidade ás de casa.
Na segunda parte, as eumenses conseguían pechar o marcador no terceiro cuarto e, con todo resolto,  dedicáronse a tratar de facer xogo colectivo, e as coruñesas milloraron poñendo máis intensidade e procurando non perder tantas posesións pero sen acerto no tiro.
As ausencias, aínda que importantes, non deben ser excusa para a imaxe dada na primeira parte, hai xogadoras de abondo para suplir calquera ausencia e teñen que ter claro que están nunha etapa de formación, polo que non poden sair derrotadas á pista.
E o que esperamos delas, que poñan gañas e traten de facer o que aprenden nos adestramentos.
Por citar a algunha, novamente a benxamina Icia que, aínda que estivo pouco tempo en pista, foi a que máis criterio tivo de cara ó ataque, e, na segunda parte a gran intensidade que puso Mirella.

Reseña: O seareiro accidental
Fotos: O mesmo e o CD Los Rosales.

No hay comentarios: