martes, 25 de abril de 2017

Baloncesto Cadete Mas. CD Los Rosales 76 Basquet Coruña 02B 32

CD LOS ROSALES 76 (22+24+14+16)
Moreno2, Diego 4, David 6, Enrique 7, Jano 10, Samu 3, Carballo 2,  Plaza 4,  Miguel 16,  Varela 6,  Bort 9 e Boquete 6

BASQUET CORUÑA 02B 32 (12+7+5+8)
Sagna, Perfi, Pastor, Zas 6, Soto 8, Oural 2,  CIBEIRA 14, Couceiro, Fernandez 2, Alvarez e Sainz 

Partido xogado o domingo 23 de abril as 12:00h no polideportivo de Rosales.

Volvimos a mellorar o xogo e o resultado co respecto ao partido da ida(+36) algo que conseguimos en todos os partidos da segunda volta, nótase a confianza da totalidade dos xogadores, neste partido anotaron polo menos unha canasta todos os convocados, non puidemos contar con Pablo Sánchez e Martín Valiño, esperemos recuperalos para o seguinte partido, aínda que só poden estar 12, sempre é importante contar con todos sanos.

No partido estivemos cómodos dende o inicio, gañando distancia minuto a minuto a medida que se acababa o partido. Boa circulación ante unha defensa fácil pero había que facela, e mantendo a intensidade durante un encontro que podería ter rematado en...deixarse ir.

Sempre me gusta agradecer a labor arbitral, pero neste caso e despois de gañar de 44 puntos, gustaríame engadir que alguén da federación debería tutelar as persoas que deciden ser árbitros, se non hai xente máis experta aconsellando a os/as que comezan, máis que axudar a sumar de experiencia, derivará en renuncias cando cheguen as frustracións e polo tanto pérdidas para o arbitraxe. 

Próximo partido visitando a Cambre, o resultado da ida foi moi axustado 49 a 55, iremos a gañar e loitar polo Basquet average.

Crónica Cala
Fotos Juan

No hay comentarios: